Taurus. Do mito ó ritual
A hipermodernidade entre iconoclastia e curiosidade
O museo de Belas Artes de Bilbao, dedica unha exposición á representación cultural e artística do mito do touro. Dende a prehistoria até a cultura romana, a fascinación polos touros estivo presente na vida cotiá e nas representacións artísticas. No Renacemento, os retratos idealizados do minotauro e da aparición de Zeus en forma de touro, no rapto de Europa, empregáronse con profusión para servir de tema a cadros, esculturas e espectáculos escénicos. Dende o século XVI, un dos xeitos de evocar a forza vital e a mirada de fronte contra a morte, ten sido o acercamento ós xogos taurinos. Artistas modernos, teñen feito as máis diversas representacións do mito do touro, do ritual da festa, dos lugares onde se ten celebrado, das personaxes, da lidia propiamente dita, e tamén da traxedia e a gloria que leva inherente esta fascinación por un coloso que pode derribar a un home.
Certamente dende a época romántica, téñense establecido como iconas da visión do español unha serie de arquetipos. Habería que referir logo, a visión e concepción do español dende a visión dos franceses, pois os grandes arquetipos do que é esencialmente español no folklorismo orientalista dende o século XVIII, está deseñado por creadores franceses.
A imaxe de Don Quixote e Sancho, por Gustave Doré e Honoré Daumier. A muller libérrima encarnada en Carmen, por Mérimée e Bizet. A ópera “Le Cid” de Massenet. O toreador morto de Edouard Manet. O picador de Francis Picabia. Tódalas tauromaquias de Pablo Picasso...son todas elas invencións ou recreacións de grandes mitos referenciais dunha visión de exotismo e lenda, entorno das estéticas españolas, feito dende o contexto policultural francés. A verdade, que ningunha desas creacións maxistrais merece ser posta en dúbida. E parece que mesmo os museos, teatros, librarías e salas de exposición onde se exhiben eses traballos, forman parte do camiño de peregrinación da cultura hipermoderna de masas.
Nesas visitas masivas a lugares de exposición, o que se atopa é moita curiosidade e pouco interese. Queremos dicir, a cultura da xeración “me”, busca máis facer a fotografía no lugar visitado, fronte ó cadro recoñecible por famoso, que coñecer a historia do lugar ou o xeito no que está executada a pintura.
Neste sentido, algo semellante está a acontecer coa relación da festa dos touros e o seu contexto histórico artístico, fronte á realidade actual dos dereitos dos animais e a cultura da improvisación.
Hai unha polémica arestora, que pon en dúbida a ubicuidade da festa dos touros, nalgunha comunidade autónoma española. En concreto en Cataluña, estase a votar e regular a prohibición da festa dos touros, por motivos de protección dos dereitos dos animais e pietismo.
Este debate é unha oportunidade para analizar os matices sobre esa cuestión da narcolepsia cultural na que nos atopamos e mesmo o que se chama “arqueoloxización” da realidade.
Non acontece soamente cos touros que se pon en dúbida un referente estético por motivos de oportunidade política.
No ano 2001, o goberno de Afganistán decretou o bombardeo dos Budas de Bamiyan, por considerar que eran ídolos que ían contra o Corán. Dende logo que ese goberno aportaba as “súas”, argumentacións para eliminar unhas obras do século V.
En tódolos episodios de épocas políticas autoritarias coñécense prohibicións de lecturas que logo vistas no paso do tempo resultan incomprensibles. Ou mesmo houbo destrución de creacións literarias e plásticas por terse considerado obras non adecuadas, dexeneradas ou negativas.
Mais complicado é o avalío do progresista ou do reaccionario cando o contexto é un réxime democrático como o noso, pois prima a maioría, os votos.
Sen pretender buscar soamente argumentos maniqueos cos que comparar o debate dos touros, podemos referir outros episodios máis semellantes á cultura da curiosidade que hoxe nos invade, e que poden orientarnos da “dead end street” na que nos comezamos a atopar.
Hai arestora unha circunstancia co Panteón de Galegos Ilustres, que é ben curiosa. Parece que por motivos legais, a titularidade e uso da igrexa de San Domingos de Bonaval, discutiuse entre as autoridades civís e relixiosas, resultando vitorioso o poder eterno fronte o temporal. A igrexa, pechada ó público por motivos burocráticos, impide o acceso a tódolos galegos, a todo o mundo, a un dos baseamentos da cultura galega e universal. Se nun viaxe a Anveres poder visitar a tumba de Rubens. En París pódese visitar a tumba de Baudelaire. Por motivos burocráticos, ¿ou de pietismo?, en calquera caso “motivos”, non se pode visitar a tumba de Rosalía ou Castelao.
Na nosa cultura da curiosidade e da ausencia de interese, os visitantes chegan ás portas da Bonaval, e sen mais asumen que non se pode entrar...pero ese cenotafio foi elevado por colación popular, é sentimento cultural de todos, e non merece ni pode ser amordazado nin por cruces ni por códigos.
Como queira que os touros como a vida, terminan en panteón, nos guste ou non, non admitamos intelectualmente que se amordaza o taurus, un mito e ritual.
As artes e o touro
A exposición do museo de Belas Artes de Bilbao, está pensada como análise histórico artístico. Ábrese con pezas arqueolóxicas que representan touros e tauromaquias da cultura greca. Pinturas pompeianas, xunto a pezas do museo de Xaén e do museo arqueolóxico de Cataluña.
Do tempo medieval, está na exposición a costume do “touro nupcial”, que aparece documentado nas Cantigas de Santa María de Alfonso X. Un rito de vodas que consideraba a máxica calidade fertilizante do sangue.
Tamén da era dos merlíns e compañía, coñécense a arte de tourear no estilo cabaleiresco.
Na época barroca o gusto polo touro tivo a aparencia de persoeiros mitolóxicos. O “Rapto de Europa” asinado por Martin de Vos, propiedade do museo de Belas Artes de Bilbao ou o cadro de Zurbarán, “Hércules loita contra o touro de de Creta”, da colección do Museo de El Prado, son exemplos sublimes da arte do horror ó baleiro, dos séculos XVI e XVII.
As aproximacións de Goya ós touros son moi populares. Na exposición hai entre outras producións, as chamadas dos Touros de Burdeos, con catro estampas da Biblioteca Nacional e unha do Museo de Belas Artes de Burdeos.
Outros mestres románticos, realistas, impresionistas, modernistas, representados na mostra son Mariano Fortuny, Ignacio Zuloaga, Édouard Manet, Ramón Casas. Todos eles recreadores dende a visión matizada do artista, dunha escenografía lúdica ou lúgubre; dramática ou épica dunha relación de perigo entre o home e o animal que se coñece dende o inicio dos tempos.
Canto ós mestres contemporáneos, están presente profusamente na mostra, Pablo Picasso, e tamén Juan Gris ou André Masson. A escena cara ó fin do século XX aparece encarnada no Equipo Crónica, Miquel Barceló e Francis Bacon.
Hai en conxunto unha corrida completa, con tercio de varas, de banderillas e de muleta. Agora acudan ó museo para a suerte final.
Román padín Otero