Rock my Art
Novo para morrer, vello para o museo
A década dos anos oitenta levou ó epicentro da opinión pública as novidades que a cultura urbana vinculada á escena musical incorporaba ó eido artístico. Movementos como o punk, o techno, o glam rock, a new wave, saíron dos clubs e do underground invadindo as primeiras páxinas dos xornais e as canles de televisión. No Reino Unido o grupo Sex Pistols con Malcolm Mclaren ou Soft Cell con Marc Almond, revolucionaron o xeito de facer música e trocaron a imaxe do artista musical, incorporando novas filosofías iconoclastas á música pop e empregando por vez primeira novos instrumentos como os sintetizadores.
Antes deles antecedentes como o de David Bowie como rei do glam, facían unha combinación equilibrada de estética visual e musical, para ofrecer ó publico unha rotunda novidade de posta en escena na que se integraba o discurso sexual libertario coa idea do terceiro xénero. Eran épocas de “transexualidade” democrática, un enésimo paso adiante na abolición de calquera resto dos estamentos sociais que puideran pervivir do xa extinto “ancien régime”.
No eido das artes plásticas ese cambios tamén se facían notar, e se ben é certo que a arte pop dos anos sesenta era reflexo dunha nova escena musical, non foi ate os anos oitenta que os trocos tecnolóxicos abriron un novum no eido creacional.
Metafóricamente a arte nos anos oitenta tamén se “transexualiza” e aparte da pintura, escultura e fotografía, irrompe un terceiro xénero que é o do film ou o vídeo. Os anos oitenta recollen os estertores do punk o nacemento da new wave, a reinvención do rock e todo elo aparece por primeira vez plasmado en imaxes por medio da recen creada MTV. A canle de vídeos por televisión traía a posibilidade de ver e escoitar a imaxe dos heroes do pop.
Moitos artistas como Andy Warhol, Bruce Weber, Jean Paul Goude, Jean Baptiste Mondino, participaron en vídeo creacións para ser retransmitidas na Music Television. Nelas empregan a linguaxe propia do seu universo artístico.
Esa nova gran sala de concertos que é a televisión e os vídeos musicais, dan enorme difusión á cultura pop. Dende esa época o acceso ás salas dos museos e galerías de arte dos discursos musicais convértese en algo cotiá. En sentido paralelo os recordos e vivencias da xente están cada vez máis ligados á experiencia musical.
A artista Candice Breitz, recrea nos seus vídeos producidos nos anos 2000, a relación que se entaboa entre o espectador, os seus sentimentos e os ídolos do rock. No vídeo de pantalla múltiple titulado “Queen”, unha ducia de persoas cantan illadamente unha selección do disco “Inmaculate” de Madonna. O que vemos nese vídeo é o acceso do rock ó museo, a integración da música pop nos recordos e na vida de todos nós e a conversión en arte plástica do universo videográfico da música pop.
Hai moitos máis artistas que poñen en valor a escena musical. O antigo deseñador de Dior, o fotógrafo Hedi Slimane, toma instantáneas en festivais como o de Bénicasim, nos concertos de Franz Férdinand ou nas discotecas de Berlín, para crear unha cosmogonía da xuventude no ámbito da escena musical.
En diversas exposicións recentes tense posto asemade en valor a realidade das tendencias musicais. No Marco de Vigo, a mostra “Switch on the power”, poñía o acento no ruído e as políticas musicais. Era unha mostra integral de vídeos nas que xunto a concertos de Blondie ou Siouxie había arte téxtil como os vestidos de Leigh Bowery.
No Musac leonés en exposicións como “Trial balloons” había unha notable representación dos universos da arte e a música. No Palais de Tokyo en París, son frecuentes a mostras que mesturan a arte con rock, publicidade e moda.
O derradeiro xesto que serve de manifestación do acercamento da cultura pop ós museos está no feito das numerosas mostras de moda que se realizan nos museos de arte do século XXI. A moda é un dos vehículos da comunicación da música pop. Compre lembrar vídeos como os de George Michael, “Too funky” ou “Freedom” nos que os deseños de Thierry Mugler mesturábanse como pezas de arte coa música do británico e as esculturais siluetas das top models dos oitenta. Moda e arte en clave de pop rock.
Rock my religion
Unha das máis recentes exposicións no eido da cultura do rock é a titulada “Rock my religion” que alberga o Domus Artium de Salamanca, DA2. Na mostra hai diversas seccións entre as que destaca a importancia outorgada ás instalacións e ós vídeos. A impresionante vídeo instalación de Douglas Gordon, titulada “Bootleg series”, fala da mímese entre audiencia e estrelas do rock con unha posta en escena cativadora e innovadora, as pantallas aparecen colocadas como esculturas. Noutra sala do museo hai unha instalación de Marc Bijl, un artista que fai variacións sobre a velocidade letal da cultura rock. Instalacións con unha moto e un graffiti que lee “Reddy to crash and burn” ou a batería de rock que ten no Da2 co graffiti “live fast die young” son algunhas das súas invencións.
O artista Saâdane Afif está tamén na mostra coa peza que expuxera na Documenta de Kassel. Unha escultura acústica con guitarras eléctricas sincronizadas espalladas polo chan. O que fora o seu compañeiro na mostra “Sabbatique” comisariada polo galego José Catañal en Madrid recentemente, Alejandro Vidal, mostra a súa colección de fotografías con persoeiros vestidos de coiro e violencia urbana, agás dun vídeo de Boxing.
No hall do museo hai unha instalación de Kendell Geers, una artista que arestora mostra unha peza no Marco de Vigo. No museo olívico presenta unha caixa de luz, en Salamanca unha parede pintada coa palabra “fuck”.
Unha parte axial da exposición é a dedicada ó punk. Un vídeo homenaxe ó cineasta Derek Jarman, autor entre outras películas da vida de “Caravaggio”, abre a sección. Xunto ó video, fotos de Gilbert&George, retratos da musa e deseñadora Vivienne Westwood, carteis dos Sex Pistols e iconoclastia de ruído e políticas musicais.
Román Padín Otero

Je viens de publisher cette text autout du rock my religion en el Da2 de Salamanca to-day in Faro de Vigo.