Transatlánticos culturais
Dende os anos da diáspora, a relación entre os axentes culturais das dúas costas do Atlántico, ten grande importancia. Notables persoeiros galegos, españois, europeos, trasladaron as súas vidas ós países Americanos durante os anos centrais do século XX e non foron poucos os actores da cultura latinoamericana e anglo americana, que tiveron residencia temporal ou circunstancial no continente europeo.
Pintores como Laxeiro, Seoane, Díaz Pardo ou Eugenio Granell, foron residentes alén o Atlántico. Outros, dende André Bretón até Igor Stravinski, dende Tamara de Lempicka até Greta Garbo, viviron tamén unha diáspora na que se reinventaron como persoas e como creadores.
A artista Maruja Mallo é un exemplo axial de muller das artes e as letras, vangardista intrépida e muller galega de rompe a rasga nun ámbito de homes que renaceu na diáspora americana. A súa biografía está arestora a ser revisada polo profesor e crítico Carlos Bernárdez, quen nun importante estudo, descubre para os lectores novos aspectos da vida e da obra desta insigne artista.
O estudo, máis centrado en descubrir aspectos esquecidos da obra da artista, ten unha calidade de nova historiografía do século XXI. Subliñando a posibilidade de acceder a aspectos máis rigorosos e analíticos dos traballos da artista. No seu libro, o profesor Bernárdez, fala sen complexos, das evolucións estilísticas dunha gran dama das artes europeas que tivo, como moitos outros personaxes da época, a súa etapa americana ou transatlántica de contido cultural.
No eido da innovación creativa ou da actualidade, compre sinalar o traballo doutro artista galego que está arestora a facer as Américas. Rafael Cidoncha (Vigo, 1952), expón os seus “Traballos sobre papel”, na Galería Marlborough de Nova York. Un conxunto de debuxos realizados con grafito sobre papel que retratan con estilo realista paisaxes e naturezas mortas, de inspiración clasicista e composición fotográfica.
O traballo de Cidoncha, é ben coñecido no ambiente internacional da arte, sendo moitos persoeiros da sociedade máis cosmopolita os que teñen nas súas coleccións, obras realizadas por este representante da prestixiosa escola da figuración española do século XX e XXI.
Nomes como o filósofo Bernard-Henri Lévy, o deseñador Christian Louboutin, a Emperatriz Farah Diva ou os Reis de España, son algúns dos persoeiros que teñen sido retratados polos pinceis realistas de Cidoncha. Coleccións como as de Marie Hélène de Rothschild, o deseñador Valentino ou o Patrimonio Nacional Español, contan entre os seus fondos, con obras deste pintor galego.
Malia a súa importancia como personaxe da alta sociedade internacional, frecuenta asiduamente a Lee Radziwill, a Reinaldo Herrera, ó fotógrafo Peter Beard, e a pesar da importancia e duración da súa traxectoria artística, Rafael Cidoncha, é un gran descoñecido para o gran público galego.
A única exposición individual que se lle dedicou en terras galegas, tivo lugar nunha galería privada en Vigo hai unhas tempadas. Non deixa de sorprender que este artista internacional, que exerce de sagaz “descubridor” en terras americanas, e que se encontra no cénit da súa carreira, non teña a sona e repercusión merecida entre as institucións culturais galegas. Haberá que esperar a que morra, como foi o caso de Maruja Mallo, para que todos aprecien a importancia do seu traballo.
Quizais ese sexa un punto en común entre Maruja Mallo e Rafael Cidoncha, a súa pertenza a un mundo de elegantes, onde realizan arte singular, sen aparentar esforzos excéntricos, se non coa naturalidade de quen posúe un don agrandado coa formación académica e o estudo. Maruja Mallo, foi verdadeiramente redescuberta, nos anos da visita de Andy Warhol, á galería matritense de Fernando Vijande. E Rafael Cidoncha,está a ser suxeito de celebración pola prensa nacional, agora que presenta por enésima vez os seus debuxos de delicado realismo nas paredes dunha galería americana.
Non se discute que en xeneral, a escola de realismo español é descoñecida e está mal valorada polo gran público, a excepción da obra do pintor Antonio López. Algo semellante pasa cos traballos das mulleres na arte, que non ocupan de seu o espazo que merecen na historia.
Agora con motivo deste análise das relacións entre Europa e América, aproveitemos para poñer en valor o traballo dunha grande dama da arte, Maruja Mallo. E do último cabaleiro do óleo sobre lenzo, Rafael Cidoncha. Ámbolos dous galegos transatlánticos.
Outras rutas. Latinoamérica en Musac
Outras visións colectivas da relación entre Europa e Latinoamérica, teñen sido as promovidas pola Bienal de Pontevedra deste ano, e tamén polo Musac. O Museo de Arte Contemporáneo de Castilla y León, presenta arestora na celebración do seu quinto aniversario, a exposición “Modelos para armar”. Unha mostra dedicada a exhibir os fondos da colección vinculados a Latinoamérica.
O título da mostra toma como referencia un texto de Julio Cortázar, que resume a complexidade e diversidade das culturas que conviven no continente americano. Esa diversidade cultural e artística, necesita ser “armada” para crear unha ciclo narrativo.
As cuestións sociais, políticas, culturais e económicas, aparecen recolleitas en moitas das obras expostas. Pero, si hai un leitmotiv na exposición, ese é o do abstraccionismo poético.
É común atopar na literatura e no cine latinoamericanos, universos recreados sobre anacos de realidade. O realismo máxico, o naturalismo fantástico, a creación onírica, atópanse tamén nos artistas plásticos relacionados con América. Aínda cando no principal todos eles tocan as cuestións sociopolíticas, coinciden tamén nas invencións de análises e perspectivas de natureza poética.
Jorge Macchi, Damián Ortega, Julieta Aranda, Alexander Apóstol, entre outros tratan os problemas que impón a complexidade do mundo contemporáneo.
Teresa Margolles, está presente cunha excelente peza que representa una xoiería, onde as xoias están realizadas con restos de cristais e materiais recolleitos en lugares onde se produciu un conflito de sangue. Na colección está tamén presente Ana Mendieta, axial referencia na arte do século XX. Erick Beltrán, Mario García Torres ou Álvaro Oyarzún, están presentes con propostas que parten do debuxo como medio de expresión. Tamén as instalacións de AVAF, Assume Vivid Astro Focus e Carlos Garaicoa “De cómo la tierra se quiere parecer al cielo”, subliñan o carácter poético a carón do sublime, destes artistas latinoamericanos.
Unha visión aérea das luces da cidade, onde todo é armonía, para ser nas zonas escuras onde aparecen as intermitencias sociais para ser debatidas.
Román Padín Otero