Historia ideal da moda contemporánea
Non é por casualidade que as exposicións sobre artes decorativas estánse a multiplicar nos nosos días. En concreto as mostras sobre a moda, as súas épocas e os grandes deseñadores están a encher salas de museos e galerías de arte. En París, Yves Saint Laurent é suxeito dunha grande retrospectiva. Unha exposición repasa dúas décadas de moda, os anos setenta e oitenta, no museo parisino Les Arts Décoratifs. En Amberes, en Roterdam, Londres podemos visitar exposicións sobre moda. En Bilbao está a punto de inaugurarse unha grande retrospectiva dedicada a Balenciaga. Colocar a moda no museo, e mesmo nos grandes libros cheos de fotografías para as mesiñas de café, serve para revisitar épocas pasadas e inspirarse para o vestiario e os xeitos de vida dos tempos actuais.
Fálase moito dos anos oitenta na actualidade, como fonte de inspiración para a moda das derradeiras coleccións de moda e tamén como recurso para alegar que todo tempo pasado foi millor.
Non sendo certo que o pasado fora millor, si resulta certeiro afirmar no eido da moda, que nesa década despuntaron algúns dos deseñadores mais senlleiros do universo do téxtil.
Os deseñadores galegos, como a peleteira Olga Ríos, a modista Chicha Solla, o extravagante Luís Fortes, Adolfo Domínguez, Roberto Verinno, e outros accederon á vía lactea do listo para levar neses anos que vestían baixo o slogan "la arruga es bella". Todos estes creadores visionarios do téxtil galego están a ser suxeito arestora dunha grande mostra no pazo da cultura de Pontevedra. Unha exposición que repasa con xeito intertextual a realidade social e artística relacionada coa moda deses anos.
Coincidindo con estes modistos galegos, saliu á escena a deseñadora Sybilla. Sen dúdida a máis grande creadora de estilo na moda española das últimas décadas. As súas cores inspiradas na natureza máis magmática tiñan un discurso semellante a outro contemporáneo, o pintor e escultor Miquel Barceló. Nos dous casos unha volta "ás cavernas" e ó matérico, servían como excusa para unha paleta de cores e unhas texturas propias do labirinto cretense. Ademáis as formas ás veces inocentes de Sybilla, que recordaban a un cabaliño de mar, a un caracol, a unha cuncha da praia, a unha estrela do ceo ou a un moneco con pulso de neno pequeno, foi retratado daquela, por unha das fotógrafas da movida, Ouka Lele. Quen se caracterizaba por pintar á man as fotografías en branco e negro que realizaba. Sybilla era ademáis coñecida alén as fronteiras españolas, e triunfou durante anos asemade como creadora de modelos por encargo e roupa de difusión baixo o nome "Jocomomola". Ela é a única creadora española presente na gran retrospectiva que o parisino museo de Les Arts Décoratifs lle dedica ós anos setenta e oitenta. Unhas décadas onde se acuñaron os universos de deseñador e se impuxeron como xeito de producir non solo moda, senon tamén estilo de vida. Até chegar a este fin de século XX, chamado dos deseñadores, houbo un tránsito que se iniciou coa crisis producida polos sucesivos períodos bélicos que asolaron o século XX.
Trala segunda guerra mundial, o sector do luxo experimentou a través do entramado Colbertiano francés, unha resurrección da alta costura, que sirvieu para reactivar a economía e a fantasía. As grandes casas de moda a ámbolos dous lados del Atlántico, desenrolaron a partir de ese momento un mercado personalizado na xastrería e a costura. Ó mesmo tempo sentaron as bases para o desenrolo do concepto de “marca” que nos rodea na actualidade. As prendas de listo para levar a partir de modelos exclusivos personalizados, as licencias de accesorios e complementos, a cosmética e os perfumes con nome de costureiro, comenzaron neses años.
Yves Saint Laurent, foi dos primeiros en adiviñar o solpor do imperio da costura e foi, coas súas tendas “Rive Gauche” un visionario en proxectar o negocio téxtil que rexiría a década dos anos setenta, o prêt à porter de boutique. E con esa nova dialéctica xurden os creadores de personalidade marcada, con unhas prendas identificativas do seu estilo e un gran acercamento á rúa. Creadores como Sonia Rykiel, coa súa comodidade e mulleres sempre co sonriso. A sensualidade un pouco retro de Cacharel e o orientalismo de Kenzo. Todos eles entramados empresarais vencellados na propiedade ó proprio deseñador e de tamano intermedio.
A sofisticación fixo aparición na década dos anos oitenta e modistos como Thierry Mugler ou Claude Montana, vestiron a unha muller do futuro e a un home afeccionado ás viaxes intergalácticas. Ademáis universos cheos de cor e lexendarios como o de Christian Lacroix, o Chanel de Karl Lagerfeld, a femineidad exquisita de Azzedine Alaïa e o mundo perfecto de formas nunca vistas antes con cores brilantes firmado por Versace, Ferré e Valentino, encheron os armarios de todo o mundo e deron unha volta de porca a cidades como Miami ou Milán.
O tránsito derradeiro no sistema da moda, foi cara ó universo do deseñador, á adquisición desas marcas unipersonais forxadas polo xenio dos creadores-deseñadores, foron sendo progresivamente adquiridas por grandes grupos empresariais como o LVMH. Co fin da década dos anos oitenta, chegou pois a era das grandes estruturas do luxo, as marcas que coñecemos arestora e que nos asedian sen arreciar con masivas campanas de publicidade e todo tipo de accesorios. Hoxe mesmo se alguén non quere mirar ás marcas, no teñan dúdida de que as marcas miran a todos. É a moda como sistema de vida.
Daqueles visionarios anos setenta e oitenta, mantivéronse fundamentalmente, os creadores adscritos a grandes xigantes. Agora por medio de diversas exposicións en todo o mundo podemos recordar a eses creadores, ós que están e ós que están na memoria. Todos eles inventores do estilo dun tempo que nos tocou vivir.
Román Padín Otero