BERLIOZ EN ITALIA
O músico Hector Berlioz ( La Côte Saint André 1803-París 1869), é un dos máis grandes compositores románticos. Autor dun monumental catálogo de obras instrumentais, vocais e teatrais, tivo unha biografía salpicada das melancolías propias da época exacerbada na que viviu. Paixón polas artes, amores platónicos, éxitos difíciles de acadar, son algúns dos capítulos arquetípicos do espírito palpitante deste artista. Malia que París foi o enderezo onde desenrolou a meirande parte da súa vida profesional, foron moitas as viaxes que realizou por compromisos de traballo. Algúns deses episodios biográficos e artísticos estiveron ligados a Italia.
Logo de terse presentado en varias ocasións ó premio da Academia Francesa en Roma, acadou o galardón coa cantata titulada a “Morte de Cleopatra”. Unha obra para soprano ou mezzosoprano e orquestra que sobre a base dun poema de Pierre-Ange Vieillard, dramatiza as cavilacións nos derradeiros momentos de vida da raíña exipcia.
A estancia de Berlioz en Italia nos anos 1831 á 1832, foi pois unha das moitas viaxes que o músico fixo ó longo da súa vida por motivos profesionais.
Desa estancia única na súa biografía, pois non retornou nunca á península itálica, recolleu inspiración para algunhas das súas obras. Parece que inicialmente non tiña moitos desexos de cumprimentar o requisito do premio de residir en Roma un ano, mais logo da súa chegada recolleu moitos beneficios desa experiencia. Malia que a escena musical dos teatros romanos naquel tempo, non era considerada por Berlioz tan interesante como a de París, si atopou grande ledicia na música popular italiana que habería de aparecer evocada nalgunhas das súas composicións, como o propio “Harold en Italia” e no “Carnaval romano”.
“Harold en Italia”, é unha sinfonía inspirada no poema de Lord Byron “Childe Harold”. Nela a viola solista é o instrumento concertante, pois fora encargada por Niccoló Paganini, e buscaba pois salientar o xenio do músico e intérprete.
“Carnaval Romano”, é unha composición que evoca o espírito lúdico e vitalista da festa saturnal. Como referencia histórica cabe citar que no tempo da estrea da obra musical en París, os músicos de vento non tiñan acudido nin unha soia volta ós ensaios. Malia a improvisación, a obra obtivo grande perfección nesa velada grazas ás explicacións in situ do director, a sona que alcanzou a orquestra nesa data fixo que houbera un bis da obra nesa mesma actuación.
Nas súas memorias Berlioz, describe cun estilo literario tan ben orquestrado como as súas obra musicais a ledicia que atopou nas viaxes a Italia. Non fala nembargante, da música nas salas de concertos ou da escena intelectual. Fala iso si, do pracer que atopou no sentimento de liberdade de espírito, mente e alma. Un sentimento que o situaba alleo ó afán de éxito, de gloria e mesmo da procura de amor. Con esa liberdade camiñaba polos campos e as montañas como o “wanderer” romántico que era. Un artista que facía do paseo unha das belas artes, dirixindo os seus pasos cara ó norte, o sur, este ou oeste, durmindo ó aire libre e respirando a acariciadora brisa do Siroco. En Italia atopou o sentimento de verdadeira liberdade nun emprazamento onde a arte rodeaba cada lugar, tódolos lugares.
Así pois Italia para Berlioz, foi como o Grand Tour para os gentlemen ingleses, unha invocación da fermosura na representación clásica da bondade e da liberdade. Entre ruínas romanas e campos con montañas atoparon a inspiración moitos románticos, entre eles o músico Hector Berlioz
Román Padín Otero