Tango de almas rotas
A linguaxe universal da música atopa no tango, a perfecta simbiose entre unha forma de expresión artística netamente nacional e o seu entendemento internacional. Non se pode pensar na idiosincrasia Arxentina sen o canto do tango, pero tampouco se pode pensar nas músicas populares como xénero, sen nos referir a este canto porteño por excelencia.
De igual xeito que en España a zarzuela é a forma de música popular e culta máis difundida; ou en Portugal é o fado. Na linguaxe musical da Arxentina o tango, é a forma musical popular que ten trocado en música culta. O seu instrumento é xunto á voz, o bandoneón, como ben deixou subliñado para o recordo, o gran compositor da música contemporánea arxentina, o célebre Astor Piazzolla, quen deu un paso adiante para o avalío do tango como música internacional.
Se ben xa era coñecido o tango, como a lingua musical da Arxentina, antes da época de Astor Piazzolla, coas súas composicións pasouse dunha forma musical de faroliño, compadrito e tradición de folclore, a unha forma musical culta. Co catálogo do compositor ampliáronse as posibilidades de entendemento e apreciación do tango, trocando de ser unha forma de expresión musical vinculada ós arquivos populares a ser unha forma de música culta sobre as que músicos de tódalas nacionalidades teñen feito variacións. Unha das súas máis senlleiras creacións, o “Libertango”, conta entre as súas variacións, coa interpretación do violonchelista Yo Yo Ma ou da cantante techno, Grace Jones. O tango con eles ábrese os matices da transnacionalidade.
Ten o tango un contido universal, pois a meirande parte dos poemas que serven de letra ás cancións, tratan do amor. As cousas do amor, cunha grande incidencia no desamor, ocupan as cavilacións dos escritores e poetas que fan tangos. Fan, unha concepción desvencellada, arrebatada, dolorosa, cruel, “arrabalera” do amor que chega moi ben ó público, facendo do tango unha referencia mundial do desamor e o despeito. É linguaxe de porto, canto de malquerido, exabrupto de rexeitado. Sendo o desamor, a representación en negativo do amor, o sentimento que serve de motor da humanidade, non pode sorprender que un vehículo comunicador deste xeito de sentir, teña pasado a ser unha lingua sen patria, un patrimonio de todos. Acontece isto con creacións que superan pola súa excelencia o seu locus de invención inicial. Os frisos do Partenón de Atenas; a Mona Lisa; o Inocencio X de Velázquez, son obras mestras da cultura de occidente que pertencen a todos, abstraídas que foran as súas raíces de nacemento. Coa a música, a máis abstracta das artes acontece dun xeito más sinxelo esa conversión do particular en universal, pois o aire é o que a transmite sen dono ou goberno. E no caso concreto do tango, esa conversión en universal, pasa por ser parte do patrimonio de tódolos que aman. ¡Todo o mundo!
Escribe Jorge Luís Borjes:
“que sólo es tiempo. El tango crea un turbio
pasado irreal que de algún modo es cierto,
el recuerdo imposible de haber muerto
peleando, en una esquina del suburbio”
Como froito do proceso de chegada masiva de inmigrantes, á cidade de Bos Aires, recibiu a capital arxentina, unha choiva de influencias culturais na segunda parte do século XIX e inicios do XX. En poucas décadas a capital pasou de ter un a seis millóns de habitantes. Chegaron xentes de todo o mundo, da propia América e de Europa. Entre outras moitas apartacións ese aluvión de xentes levou ó crisol porteño, un cruce de ritmos, sentimento de desarraigo, narracións da vida na periferia urbana, visións dos portos, e historia de amor que foron semente para o nacemento do tango.
Foi unha forma musical propia de suburbio ou arrabal nos seus inicios, que tiña orixe etimolóxica en voces africanas de reunión de poboación afro para bailar o ritmo do tambor. Un canto que como o “soul” fala das cousas do querer. O instrumento de referencia no tango, o bandoneón ,ten orixes xermanas, e aparece empregado na Arxentina nos prostíbulos e nos arrabales a partir do inicio do século XX.
As melodías de aire español, e mesmo andaluz, aparecen como referente nos primeiros tangos do dezanove. Para os que se acompañaba de orquestriñas de guitarra, violín e frauta. Títulos como “Tomá mate che” do músico español Santiago Ramos ou “El queco” son os primeiros tangos dos que se ten noticia, un xénero que se vai formando progresivamente, coas apartacións de diversas formas musicais e nacionalidades.
Co troco de século o tango chega a París, sendo os mozos da alta sociedade bonaerense, os que levan á cidade europea, os ritmos sinuosos que teñen coñecido nos lugares de diversión bonaerenses. Neses anos comeza a época dourada do tango, un xénero xa consolidado que encontra en Carlos Gardel o seu máximo intérprete e principal difusor. O cantante, compuña el mesmo algunhas das súas cancións e xunta o letrista Alfredo Le Pera, crearon grandes cancións que foron interpretadas polo célebre artista, que tiña os seus inicios no ambiente de arrabal, en toda América e Europa.
Desa época dourada e da voz sen par de Carlos Gardel, é de onde proceden monumentos do xénero como “La cumparsita”, “Caminito”, “El choclo”, ”El día que me quieras”, “Por una cabeza” e outros moitos. Cancións que pasan a ser a mellor posta en escena do desamor, o desengano e o desexo. Tres elementos que como a terra, o fogo e a auga, conforman as esencias da alquimia da vida dende os tempos máis postremeiros do xénero humano. O tango coa súa melodía de dous por catro, ou catro cuartos, as súas letras envolventes se os seus títulos populares, é unha das voces das intermitencias do corazón.
Román Padín Otero

I´ve published este texto sobre el Tango en el libro de mano del festival gallego de música, Todo Lírica....Román