Mesa redonda Santiago en Caixa Galicia
Afondar nas funcións do historiador da arte na sociedade actual e dar a coñecer a percepción que outros profesionais teñen da disciplina foron os obxectivos do II Encontro Profesional de Historiadores da Arte de Galicia, que se celebrou onte na Fundación Caixa Galicia de Santiago, onde hoxe se clausura. Será, a partir das 10 horas, cando Manuel Gago, profesor da Facultade de Ciencias da Información e director do portal culturagalega.org , o crítico de arte e colaborador de EL CORREO GALLEGO, Román Padín, e o xornalista Camilo Franco falen sobre a divulgación de contidos culturais .
Hoy 22 noviembre en Santiago