Utopía á venda
Unha recente exposición en Berlín titulada “Utopía for sale”, sirve de escusa para reflexionar sobre os resultados da introdución da utopía na economía de mercado. Na mostra berlinesa celebrada na Akademie der Künste, reuníronse unha pléiade de revistas independentes, entre elas Frieze ou Pavilion Magazine, para valorar a influencia das publicacións alleas ó mainstream nas tendencias culturais. Tamén se celebrou ó mesmo tempo, no “Art Berlín Contemporary” unha exposición con proxectos de artistas para espazos públicos. Estes eventos serven de escusa para facer variacións sobre o tema do utópico e a súa relación co mercado, a complexa relación de arte e industria.
Un proxecto utópico de referencia no eido da edición e da arquitectura é a reinvención visionaria do templo de Salomón polo monxe cordobés Juan Bautista Villalpando a fines do século XVII. Un edificio onde as proporcións, a planta e as ordes estaban concibidas para loar a Deus. Era o primeiro templo xudeu feito cunha arquitectura “revelada” por Deus. Así que del derivarían as regras de ouro da arquitectura, unha pura utopía.
Os grandes arquitectos de utopía son nembargante, os ilustrados. Étienne Louis Boullée quen facía edificios a partir de grandes formas xeométricas combinando entorno delas as ordes clásicas e elementos como frontóns e nártex, propios do estilo neoclásico. Un dos máis célebres proxectos de Boullée é o Cenotafio para Isaac Newton, un monumental túmulo con forma de esfera que servía como metáfora da propia universalidade do saber. A idea fora xa empregada nos tempos de Agripa no Panteón romano, claro que a diferenza entre a cúpula coroada polo ósculo e o proxecto neoclásico estriba na monumentalidade irrealizable do segundo. Boullée foi en si mesmo unha monumental obsesión para o cineasta Peter Greenaway, quen no filme “O ventre do arquitecto”, recreaba os proxectos megalómanos deste autor dentro do tamén imperial monumento a Vittorio Emmanuelle, unha “follía” realizada.
O outro gran utópico da arquitectura neoclásica é Claude-Nicolás Ledoux, quen malia a monumentalidade das súas ideas deixou tras de si obras realizadas como os edificios das salinas de Arc-et-Senans, un portentoso conxunto que evoca un foro imperial para usos industriais.
Desa proxección humana dun mundo idealizado coñeceron tamén os artífices da Bauhaus. A visionaria escola xermana de deseño que durante as primeiras décadas do pasado século incorporou a máxima do “menos é mais” ós obxectos cotiáns. Na célebre escola xuntáronse nomes como o de Kandinsky e Paul Klee, con Mies van der Rohe e Walter Gropius, e crearon o concepto do deseño industrial e gráfico que percibimos na actualidade. Os puntos de vista utópicos dos membros da escola chocaron coas posibilidades comerciais para os deseños que daquela creaban. Pasadas varias décadas, as invencións utópicas da escola, como a silla Wassily, téñense convertido nuns bens de consumo de edición. A Bauhaus é o exemplo idóneo de cómo a utopía faise realidade.
Algúns deses artistas poliédricos das vangardas xermana e holandesa, pertencentes á Bauhaus ou adscritos ó movemento deStijl, trasladáronse ós Estados Unidos co estalido da segunda Guerra Mundial. A utopía das vangardas como o Dadá ou os expresionismos e cubismos, de tentar cambiar o mundo por medio da arte, veuse terriblemente frustrada cos dramáticos acontecementos da guerra. Os exiliados da Bauhaus, formaron parte nos Estados Unidos do movemento do expresionismo abstracto, unha escola caracterizada polo estupor que provocaron os horrores da guerra, no que se cuestionaban tódalas axes da metafísica do home. A utopía, esta vez lutuosa produciu pinturas como os drippings de Jackson Pollock ou as violencias de de Kooning.
As informacións que a nós chegan destes puntuais capítulos da utopía seleccionados de modo aleatorio, proceden na súa meirande parte de libros e outras edicións da época. Esas asemade, intuitivas publicacións ou edicións de gravados nalgúns casos, encerraban a facultade moderna do obxecto de edición tan ben descrito por Walter Benjamin. Esas publicacións como os gravados de Boullée, os albumes da Bauhaus, ou as fotografías das accións dos expresionistas eran inventos en papel contracorrente, lonxe do formalismo da prensa masiva da época. Esas revistas de vangardas e cadernos de artistas, son os antecedentes do que hoxe atopamos en Berlín na cita coas revistas alternativas. As que na súa independencia marcan ás épocas.
A escena pictórica despois do muro
Coincidindo co vinte aniversario da caída do muro de Berlín estase a celebrar na cidade xermana unha exposición da ate agora esquecida pintura do realismo socialista soviético. A mostra reúne trescentos cadros realizados entre os anos 1930 e 1980 na antiga Unión Soviética. Son obras de estilo realista que representan escenas costumistas de estética megalómana onde traballadores, momentos históricos da revolución de outubro, retratos, paisaxes idílicas e escenas da segunda guerra mundial, serven de soporte para a propaganda do extinto réxime socialista soviético. As políticas utópicas dese período levaron a modificar non soamente todo o sistema gobernativo, social e económico, se non que tamén nesa era visionaria, alcanzou o seu paroxismo o direccionismo sobre a produción artística. Daquela os artistas estaban ó servizo civil do Estado, as obras non lle pertencían a eles se non que eran do aparato político. Ademais a súa creatividade estaba dirixida e non podían expresarse en estilo expresionista ou surrealista, que eran considerados dexenerados. O estilo realista da época con temáticas de salón, era unha representación sublimada do ideario político deses anos na URSS, e só alcanzou popularidade dentro das fronteiras rusas. Despois do final do réxime, calquera obxecto ou creación que recordara os tempos pasados caeu no ostracismo, entre elas todas as pinturas da escola realista.
Agora preséntase unha selección desas obras na berlinesa galería Jeschke-Van Vliet, exentas iso si, de toda a mensaxe política de vello. Uns coleccionistas italianos levan anos detrás de obras desta escola e ó facer esta recuperación danlle a volta a un arte que representaba a anulación do mercado, ó convertelo nunha das tendencias expositivas en auxe. De igual xeito que se recuperou a pintura de Tamara de Lempicka por Franco María Ricci ou se fraguou a transvangarda por Achille Bonito Oliva, agora revive o realismo soviético de época, acompañado como non, doutras escolas realistas como a española, a de Leipzig ou a de Nova York. Este caso da iconografía leninista convertida en arte pola arte é un exemplo da velocidade de escape que levan as utopías cara o poder do mercado. Mesmo as que se consideraron antiutopías fenecen perante o sistema da arte hipermoderna. Utopía ou mercado.
Román Padín Otero

He publicado to-day este texto sobre las utopías en el Faro de Vigo, Faro da Cultura....Román!