Mutantes
A moda é unha forma de fealdade tan intolerable que non temos outra opción que cambiala cada seis meses. Este aforismo de Óscar Wilde define con ironía as bases do calendario cultural na contemporaneidade.
A vanitas ou paso do tempo que os clásicos representaban por medio dun esqueleto exánime, representase na actualidade polos cambios semestrais das modas.
No cadro de Hans Holbein o novo, “Os embaixadores” datado en 1553, un deles leva casaca, polainas, capiña rematada en pel e o outro leva un xeito de sobrio hábito longo e negro. Ámbolos dous levan barbas coidadas. Ese retrato de persoeiros vestidos á ríxida moda do século XVI, ten no primeiro plano do lenzo unha representación en diagonal dun esqueleto humano. O cadro é pois tanto un retrato da moda da época como unha reflexión sobre a efémera existencia do home.
Daquela, no século XVI e ate ben entrado o século XIX, o vestido servía fundamentalmente como instrumento para representar o poder, a moda era tan estática como os sistemas políticos que representaba.
Un senlleiro interesado na moda e na súa utilidade como representación do poder e instrumento para definir unha época foi o monarca francés Luís XIV. Os seus retratos por Hyacinthus Rigaud recollen elementos axiais do seu estilo como lazos, perrucas, peles, iconas como a flor do lis, tacóns e puntillas que son os detalles que obrigaron a tódolos cortesáns a trocar e ser mutantes ó ritmo que marcaba o capricho do rei apoiado dende o ámbito mercantil polo ministro Colbert. Nese tempo o vestiario era símbolo de poder, etiqueta de acceso á Corte de Versalles e orixe do puxante sector do luxo francés.
A imaxe neses séculos, dos Borbón, en Francia estaba caracterizada pola opulencia e o emprego de símbolos como a flor do lis e o exceso de cor.
Un gran mutante no aspecto da moda e na súa representación nas artes foi Napoleón I. Os retratos do gobernante realizados por Jacques Louís David, representan unha nova era. O estilo imperio alentado por Napoleón apóiase na simplicidade do clasicismo grecolatino e provoca en menos de dúas décadas unha convulsión no xeito de vestir, no xeito de retratarse, e nas formas da arquitectura que traslada ó país da flor do lis cara a identidade apoiada na abella napoleónica. En pouco tempo houbo pois unha mutación do aspecto e as artes recollen esa novidade con deleitación, como por exemplo na escultura da irmá de Napoleón, Paulina Borghese, retratada como Venus por Cánova.
Eses remotos cambios nas modas e no estilo eran pois trasladados ás artes plásticas. Ó longo do século XIX os cambios dos estilos nas artes e nas modas, sucédense sen arreo, clasicismo, romanticismo, neogótico, isabelino, eduardiano, Segundo Imperio, son estilos que duran o que a monarquía que os impón. A vanitas segue o ritmo do poder político e inflúe nas artes.
O século XX é o dos deseñadores, logo das dúas grandes guerras e tras das innovacións das vangardas cubistas e surrealistas, logo das invencións dos primeiros grandes fotógrafos de moda e arte como Cecil Beaton e Horst P. Horst, logo dos primeiros costureiros como Poiret e Chanel, chegou o tempo da grande difusión da roupa lista para levar e o diálogo da roupa coas artes e co mercado fíxose seminal para o modo de comportamento no mundo contemporáneo. A fotografía primeiro e o film en forma de longametraxe ou vídeo despois, son os soportes que recollen a moda e inflúen nela. Mirando as fotos da segunda metade do século pasado vemos as mutacións máis próximas a nós. A silueta enfaixada de Dior retratada por René Gruau, e seus os traxes de noite fotografados por Richard Avedon son a primeira crisálida. Logo as mantis relixiosas de Helmut Newton para Yves Saint Laurent. As exhuberancias de Jean Paul Gaultier retratadas por Jean Baptiste Mondino. A sensualidade de Versace retrata por Steven Meisel. E a eternidade de Chanel retratada por Karl Lagerfeld. Son tódalas mutacións de medio século impostas pola moda e recollidas pola fotografía como soporte das artes. Dende a vanitas do poder imperial ate a secuencia semestral do sistema da moda.
Cirurxía, ximnasia e fotografía
Dende mediados dos anos oitenta as fotografías de moda fixan una cronoloxía das mutacións do corpo que se renova cada seis meses.
A máis contundente orixe da influencia da publicidade no tratamento do corpo, atópase nas primeiras fotografías de Bruce Weber para a roupa interior masculina de Calvin Klein. O corpo atlético e espido aparecía daquela como metalinguaxe da moda creando unha tendencia da moda dende o corpo cara o exterior. A casa Versace neses anos oitenta e noventa con Herb Ritts, invita asemade a lucir corpos de soño baixo lixeiras sedas e mallas metálicas. Era o inicio do imperio da idealización dos corpos perfectos que habería de trocar a silueta, inducindo a metamorfoses que transcenden os cortes dos tecidos para chegar os cortes da pel. Os ximnasios e as operacións de cirurxía estética convértense nos probadores dos xastres do século XXI.
Os xeniais fotógrafos Helmut Newton e Guy Bourdin recolleron en campañas de publicidade para Yves Saint Laurent ou Thierry Mugler as novidades dos corpos coloreados, cortados e operados para acadar a nova imaxe da Eva Futura. As revistas de moda e arte encherónse de imaxes con mulleres e homes levando traxes xastre e vestidos de alta costura envoltos en vendas, apósitos e próteses das recentes operacións de estética. Steven Meisel, Mario Testino, Steve Klein, entre outros grandes artistas crearon escenarios deses interminables postoperatorios.
Logo de ter convencido a todo o mundo da necesidade dos corpos de ficción, os creadores propoñen nas máis recentes campañas, novas mutacións que nos levan ós corpos naturais e imperfectos. Juergen Teller para Marc Jacobs ou Jeff Burton para Kris van Assche , empregan a aparencia espida da xente da rúa nas derradeiras publicidades. As mutacións nunca paran, a moda e o retorno sen fin.
Román Padín Otero

To-day en Faro da Cultura, Faro de Vigo...somos los mutantes que transformamos nuestro cuerpo al dictado semestral...c´est beau, n´est ce pas?