Ver e Ser Visto
A creatividade da que fan gala as casas de moda máis notorias cada tempada para presentar as súas novas coleccións, xa non é soamente un frívolo xogo para clientes se non que se ten convertido nun verdadeiro laboratorio de ideas. Artistas e arquitectos, músicos e fotógrafos son parte das cohortes de especialistas que se necesitan para poñer en pe cada desfile, cada escaparate ou cada revista. O mundo da arte e o do deseño industrial intercambian constantemente talentos coa xente da moda para facer que o “espectáculo” sexa “espectacular”.
A casa Chanel é unha das máis lonxevas no universo da costura. A súa estética de comunicación ven apoiada dende fai décadas nas variacións sobre a propia efixie da creadora da empresa, a mítica Coco Chanel. A publicidade da casa e os seus desfiles inspíranse no estilo en “tailleur” branco e negro con cadeas e perlas co que se fixo célebre a deseñadora nos anos trinta. Ademais os apartamentos privados da creadora, a súa amizade cos Ballets Rusos de Diaghilev ou o seu gusto pola pintura barroca empréganse polos creativos da casa para construír o mito do número 5.
Dende os anos oitenta é Karl Lagerfeld o director creativo da firma. Con el os desfiles son auténticas reunións sociais e periodísticas apoiadas na sorpresa.
As veces unha monumental chaqueta de tweed situada no centro dun escenario redondo de varios centos de metros no Grand Palais parisino serve como porta de saída do desfile de alta costura. Outras veces un carrusel de feira adornado cos emblemas da casa como a camelia, o bolso acolchado e o perfume Nº5, serven de escenario para sorprender e acentuar a creatividade dunha xa de por si innovadora proposta de moda.
O talento de Karl Lagerfeld abrangue dende o deseño de moda ate a decoración de interiores pasando pola fotografía. Neste campo ten na actualidade tanta celebridade como no da moda. Os seus libros son do mellor que se pode atopar, as súas reportaxes de moda para revistas son peculiares representacións entre o barroquismo e o minimalismo, os seus retratos son únicos. Recentemente no palacio de Versalles expúxose unha serie de fotografías de Lagerfeld. “Versailles, á l´ombre du soleil” son corenta vistas de paisaxes do castelo feitas co estilo de claroscuro barroco que tanto gusta ó deseñador. A moda xuntouse daquela coa grande arquitectura.
A casa Dior con John Galliano ó fronte realiza asemade as máis creativas postas en escena para os seus desfiles. Grandes “tableaux vivants” con mobiliario, música e iluminación serven para recrear una especie de teatro de ópera no que sorprender coa creatividade dunhas coleccións que as máis das veces parecen perfectamente imposibles de levar, pero que son teima de conversa xeral.
Na liña de home, os desfiles Dior, tampouco deixan indiferente a ninguén. Pavillóns no medio dun xardín, aparecen cubertos por grandes cortinas. Cando se inicia o desfile as telas caen ó chan deixando ver un bosque de columnas instalado no medio dun xardín frondoso entre o que desfilan os modelos vestidos de negro.
A casa Yves Saint Laurent, non soamente contrata a fotógrafos como Juergen Teller para retratar ós seus modelos sobre os tellados de París, ou ó fotógrafo Jeff Burton para facer instantáneas en cinematográficas casas de California, se non que nos seus desfiles parece evocar ás outras artes, como sempre tiña feito o xenial Yves. Recentemente os desfiles de listo para levar de YSL, tiñan columnas espectaculares que parecían auténticas esculturas do brasileiro Ernesto Neto.
Cando de facer historia se trata, o universo da moda tamén desborda creatividade. A exposición retrospectiva dedicada ó modista Valentino no Ara Pacis romano, foi a máis singular mímese de arte clásico con moda. O edificio branco estaba cheo de maniquís con vestidos vermellos, centos de eles, ordenados como se foran o coro dun drama teatral clásico. A exposición dedicada a Christian Lacroix no Museo da moda de París, titulada “Historias da moda”, reunía toda a elegancia barroca do xenial creador xunto a unha posta en escena tan singular como o décor mesmo da súa boutique no Faubourg Saint Honoré.
A moda serve para ver e ser visto e tamén para facer soñar.
Dende a moda en Galicia
Falan os expertos que o futuro da creatividade na moda non está nos desfiles se non nos puntos de venda. As boutiques de Zara polo mundo son un exemplo desta visionaria concepción. Os escaparates do grupo de moda galego reinventan tempada tras tempada as derradeiras correntes das artes e a arquitectura na concepción das súas fiestras. Ás veces, cores en gama de grises evocan o deseño italiano dos anos setenta. Outras veces cadeiras Luís XVI tapizadas con cores planos de gama básica aparecen flotando entre roupa sport. A verdade é que a sorpresa máis creativa dirixe as xeniais postas en escena das boutiques do grupo que son un auténtico espectáculo teatral na “flaneurie” ou paseo da cidade.
As boutiques do tamén grupo galego D-Due, son asemade un regalo para a estética. En tons negros, destacan na noite urbana as iluminacións colocadas de xeito estratéxico sobre as pezas selectas de mobiliario da tenda, creando unha auténtica fantasmagoría da moda. Unha lámpada de aires industriais asinada por Mariano Fortuny, xunta unha mesa eduardiana son o ámbito inmellorable para unhas coleccións de pezas que marcan tendencia. Unhas veces os cadros Vichy con bordados de flores son a proposta, como no verán pasado. Outras veces como neste inverno as inspiracións en Balenciaga, Montana e Mugler, con cortes evasé, bordados de plumas e telas de brocado, serven para crean un hábito propio da man de Charo Froján, a deseñadora e directora da compañía.
Hai outra firma galega, “Bimba y Lola” que ten feito as máis creativas tendas, cheas de pequenas sorpresas como a luz e a cor. Ademais algunhas das súas campañas de publicidade como a que retrataba o galgo, emblema da firma, nun fondo de boudoir de cor azul celeste, son para os anais dos grandes fitos do mundo da moda. Tres xenialidades.
Román Padín Otero

Un article autour de la mode published en Faro da Cultura.