Os lieder de Strauss.
O compositor Richard Strauss é ben coñecido polas súas monumentais creacións operísticas, entre elas a moi celebrada “Salomé” e a absolutamente sublime “O cabaleiro da rosa”. O seu talento non soamente acadou cumios preciosos en grandes creacións escénicas, tamén o seu catálogo de música instrumental e os seus ciclos de cancións, son obras de referencia entre o clasicismo e as innovacións estilísticas do século XX.
Os anos de formación de Richard Strauss estiveron espallados de contactos e acercamentos varios a diversos ámbitos da cultura que serían, na súa etapa adulta e plena como compositor, rescatados incidentalmente como inspiración das súas creacións.
Os estudos de filosofía, estética e historia da arte, serviron de acicate para a afección do compositor polas teimas da cultura clásica como “O Quixote” ou “O don Xoan”, que lle inspiraron fermosos poemas sinfónicos. Tamén as variacións sobre o mito a “Ariadna en Naxos” lle inspiraron a ópera do título homónimo.
O seu interese por Richard Wagner, logo de ter visitado Bayreuth tamén nos seus anos mozos, pódese asemade advertir nas súas longas frases musicais e nas melodías infinitas que caracterizan algunhas das súas creacións como é o caso da peza “Morte e transfiguración”.
As viaxes por Italia eran parte da formación dos cabaleiros naqueles anos da segunda metade do século XIX, e no caso do compositor o seu longo grand tour houbo de influír dende logo nos seus primeiros poemas sinfónicos, entre eles no titulado “Aus Italien” op.16.
Todas esas experiencias serviron para construír o propio estilo absolutamente acariciador da música de Richard Strauss.
O groso da primeira parte do seu catálogo, nunha época na que se ocupa tamén dabondo na dirección de orquestra, está ocupado polos seus célebres poemas sinfónicos. Aparte dos mencionados nas liñas precedentes, compre citar tamén o moi celebrado o “Así falaba Zaratustra”.
A axenda do músico daquela, estaba totalmente ocupada con viaxes, traballos con orquestras e a composición, mais non desatendía as veladas de canto, nas que xunto á súa dona, a cantante Pauline de Ahna, daba a coñecer os lieder ou cancións que compuña.
A obra de Richard Strauss abrangue pois, a maioría dos xéneros musicais a excepción da música relixiosa. As súas creacións saliéntanse pola riqueza melódica e as sonoridades sensuais e coloristas. Hai humores opostos nas súas creacións, dunha banda topamos unha vitalidade chea de vigor heroico ou mítico. E doutra, escoitamos noutras composicións unha tenrura doce e exánime. No conxunto ámbalas dúas liñas de expresións aparecen construídas en torno a una forma musical de inmersión. A música de Richard Strauss é absolutamente envolvente.
No seu catálogo de música vocal, con orquestra ou piano, a súa técnica e o seu talento para a alquimia dos poemas coa música é maxistral, tendo conseguido ademais grandes avances na técnica da modulación.
Escribiu lieder ó longo de toda a súa vida, un xénero no que seguiu con liberdade a súa inspiración. Se ben nas súas composicións de poemas sinfónicos atópanse o que poderían ser bosquexos das súas óperas e nestas os leitmotiv non son soamente elementos de caracterización se non elementos formais. Nas súas cancións recolle a intimidade, a tenrura, unha grande riqueza de medios e regalía vocal, características que lle outorgan ó seu conxunto de cancións unha grande calidade. As súas cancións estilisticamente localizables entre o romanticismo e o clasicismo contan tamén con audacias que levan ó extremo os medios de expresión tradicionais, mais sen iconoclastias.
Nelas consegue, como ningún outro compositor do século XX, facer a celebración da voz feminina. E como non, tamén dos persoeiros femininos que representan grandes cantantes case que por sempre vinculadas na memoria ós papeis que encarnaron da man de Strauss.
Nas súas óperas os persoeiros femininos forman un Parnaso de heroínas que abranguen dende as mitolóxicas Electra ou Salomé, ate a vangardista “Muller se sombra”, e pasando por románticos persoeiros como “Daphne”.
Tamén nas cancións toma inspiración nas lendas de muller, os lieder sobre o personaxe creado por Shakespeare, “Ofelia”, manteñen una tensión tráxica ó tempo que salientan o romanticismo propio da fermosa dona que morrera entre as flores do río. No seu lied dedicado a Cäcilie toma a liña de maior exuberancia e potencia das súas composicións. E tanto na versión de concerto con orquestra como na de piano, a presenza impetuosa do amor faise indiscutible pola ampulosidade do canto e a rotundidade das frases. Compre dicir que esta “Cecilia”, foi asemade un regalo de vodas do compositor á súa dona, a cantante Pauline de Ahna, xúntanse logo as mulleres ideais coas reais no universo de Strauss.
O universo feminino aparece asemade nas cancións, “Leisis Lied”, “Malven” e “Rote rosen”, onde as cores, as flores e as caricias serven de inspiración para facer variacións sobre a eterna teima do amor no canto intimista e cheo de xúbilo de voz con piano.
Unhas cancións de Richard Strauss que conforman un cumio da personalidade musical do creador son “A catro derradeiras cancións”. Malia que son creacións para voz e orquestra están adornadas polo caracter intimista propio do xénero liederístico xermano, de voz e piano. Nelas aparecen ubícuas as dúas grandes liñas discursivas do compositor, a exultante e a doce. Ademais foron levadas á escena por unha prima dona que queda na memoria como intérprete de lenda da composición, a grande Elizabeth Schwarzkopf. Reunindo así nesta obra a sublimación da voz feminina coas tonalidade simbolistas da canción na máis alta das súas expresións. Estas cancións compostas case que no final da súa vida, no ano 1949, tocan o ceo do sublime, e son o fastoso colofón do estilo infinito, envolvente e incriblemente elegante da música e as cancións de Richard Strauss.
Román Padín Otero

He publicado este artículo sobre lieder de Strauss en el libro del X festival de lied de Galicia...el viaje de otoño!