O Mercurio galante
Unha grande exposición no Pazo de Versalles celebra a moda nas Cortes europeas durante o período que vai de 1650 a 1800. O leitmotiv da mostra gravita entorno ás innovacións introducidas na vestimenta como representación de poder ó longo dos anos de apoxeo do absolutismo no Antigo Réxime. Os tempos que abranguen dende as postremeiras datas do reinado de Luís XIV até o estertor do século XVIII cos ecos da Revolución Francesa.
Hai un célebre retrato do rei francés Luís XIV pintado por Hyacinthe Rigaud, no que aparece o monarca de pé coa man na cintura. Leva posta unha capa bordada en ouro con reborde de pel, perruca longa de rizos, zapatos brancos con tacón vermello, garabata de encaixe e diamantes en cascada. O cadro non retrata a vaidade dun home que gusta de vestir con riqueza. Retrata a representación do poder encarnado na figura do Rei. Daquela, as modas que levaba o monarca non escondían o seu gusto polo luxo, mais servían asemade como vehículo comunicador do seu enorme poder político.
Naqueles tempos o protocolo curial impuña certas modas que eran de imprescindible cumprimento para actuar con “decoro” dentro da escena da Corte. Ademais se algunha innovación nunha perruca, nunha saia ou nun lazo graciosamente colocado nun lugar estratéxico eran do gusto do Rei, ese fito podía facilitar o ascenso social do “elegante” circunstancial dentro do ámbito cortesán.
O gusto do Rei Luís XIV pola opulencia nas roupas creaba tendencia entre tódolos cortesáns, os cales se vían na obriga de gastar fortunas para seguir ás modas luxosas ideadas polo Rei. Eses dispendios eran o garante para ver e ser visto dentro do sistema de poder.
O gusto do Rei e o seguimento das súas innovacións estéticas levaba ó todo París a mercar bens de importación para a confección de hábitos de Corte en cantidades inmensas. Durante varios anos foron tantas as importacións que se fixeron de bordados italianos, puntillas holandesas, coiros españois, e materiais preciosos como ouro e prata aplicados ós tecidos, que se produciu un desequilibro da balanza comercial de importacións e exportacións en Francia. O ministro Colbert, ideou daquela para o seu Señor, a creación das manufacturas Reais, nas que todo o que pertencía o consumo do universo do luxo podería ser fabricado en Francia. Con esa combinación do gusto estético do monarca coa astucia mercantil do seu ministro, establecéronse as bases do Universo do Luxo feito en Francia globalmente coñecido nos nosos días.
Arredor daquelas manufacturas xurdiron establecementos onde mercar os flamantes produtos do luxo. Esa novidade para os máis adiñeirados de saír da casa para mercar en vez de recibir nos salóns ós fornecedores, abriu as portas ós itinerarios urbanos de tendas elegantes que levaban a nacionais a visitantes a pasear polas inmediacións do Palais Royal, de les Halles e na zona da bolsa. Daquela “O mercurio galante”, a primeira revista de moda fixo aparición. Nela víanse as ilustracións coa moda da tempada xunta as direccións dos comercios onde mercar para vestir co estilo máis innovador, era o ano 1672.
Esas revistas, xunta as chamadas monecas de moda serviron de embaixadoras da moda francesa alén as fronteiras. E o que inicialmente foi concibido como unha política comercial de autoconsumo trocou na mais importante maneira de expansión da cultura do luxo espoleada polo monarca Luís XIV. De certo, unha forma de poder absoluto que transcendeu sobradamente a súa propia biografía.
Naquela época ademais da moda, desenrolouse a decoración no estilo francés a partir das innovacións arquitectónicas do pazo de Versalles, onde a xardinería, os xogos de espellos, e as perspectivas creaban unha idealización do luxo e o poder absolutos. Así a gran moda curial imposta por Luís XIV tiña un escenario idóneo onde refulxir tanto en homes como en mulleres recubertos de sedas, plumas e diamantes.
Conta a historia que co gallo da presentación de credenciais do embaixador persa no 1715, o Rei fixo un alarde do seu poder presentándose cuberto de diamantes até tal punto que houbo de retirarse precipitadamente da cea por que, ¡non se podía mover co peso das pedras! Un tempo no que a moda era encarnación de poder.
Fastos de corte e cerimonias reais
A exposición “ Fastes de cour” en Versalles está ordenada en sete salas nas que se fai un percorrido polos distintos actos protocolarios que servían de escenario para a exhibición da moda e do luxo no estilo francés.
Aparecen os retratos dos tres Luises e outros persoeiros da Corte nunha das partes da exposición. A pinacoteca serve para subliñar aspectos da roupa no estilo galo, como a capa cerimonial característica da casa da flor do lis e o traxe de tres pezas.
As vestimentas propias das coroacións ocupan outro espazo, subliñando a importancia das iconas dos vestiarios da orden do Santo Espírito en Francia, da Xarreteira en Inglaterra e do Tesón de Ouro en Austria. Ademais hai seccións dedicadas ós traxes de vodas ou cerimonias de Estado e outras ó chamado “gran hábito” ou vestido con saia de armazón que servía para as presentacións oficiais das donas na Corte.
Compre mencionar aquí que unha das costumes da Realeza en Francia no atinente ós vestidos era que non se conservaban pola familia Real logo de ser lucidos nos fastos ad hoc. Se non que logo de ser usados, eran entregados ó primeiro xentil home e á primeira dama de honra. De xeito que as roupas eran modificadas e mesmo acababan vendidas en segundo mercado nas zonas comerciais de París. Polo que unha exposición como a presente houbo de contar con pezas téxtiles procedentes da manufactura francesa mais chegadas das casas reais de Dinamarca, Polonia ou Austria, pola vía de agasallos curiais ou encargos comerciais dos coroados clientes ós modistos franceses.
Hai tamén na exposición, traxes de fastos relixiosos, da xornada do rei dende o espertar, ate o xantar pasando pola caza e hai en fin unha panorámica da influencia da moda no traxe cortesán. O que sería a apertura do moderno sistema da moda, onde a tendencia ven marcada polo deseñador e non polo poder político. Como mostra desa revolución cara ó reinado dos deseñadores hai algún modelo de Rose Bertin, a primeira modista da raíña María Antonieta. O poder na moda pertenceu á clase política e arestora pertence o talento estético dos deseñadores.
Román Padín Otero

He publicado to-day en Faro de Vigo, Faro da Cultura, este ensayo sobre la moda como símbolo de poder y origen del sistema del lujo en Francia y el mundo. A propósito de una expo á Versailles...sublime!! Román