A pel. Curium
Un dos grandes filmes de Liliana Cavani é o titulado “La pelle”, unha cinta onde se narra a vida en Nápoles durante a crise social, política e moral, provocada pola guerra mundial. Daquela a pel, era a moeda de cambio, o que máis valía o que máis axiña perdía avalío. A pel era o que envolvía o corpo das cohortes inimigas, o que vestían ós militares amigos e o primeiro que había que salvar.
Noutra das míticas películas da cineasta, “Porteiro de noite”, céntrase a narración arredor dunha relación masoquista na Alemaña nazi, desa volta a pel era sensualidade, fetichismo e poder. Os dous filmes analizan o poder apoiándose na semiótica da pel nunha crise mundial. Hoxe en día, na sima doutra crise, a pel serve de novo como linguaxe visual da moda para representar a forza do atemporal.
Aínda que a pel ven sendo empregada dende tempos inmemoriais como método para cubrir o corpo, de feito é o primeiro do vestido coñecido, o certo é que en tempos de crise ou cambio, inestabilidades económicas, bélicas ou culturais, retórnase a ela e ós seus poderes reais e figurados.
É coñecido que unha das primeiras aplicacións masivas do coiro foi no exército romano para facer calzado, escudos, armaduras e aparellos para as cabalgaduras, era pois a pel unha cuestión de Estado. De feito unha das causas da guerra dos romanos contra os cartaxineses foi polo control do mercado do coiro. Daquela as cohortes vestían pois cunha pel mítica semellante á do heroe Hércules, quen levaba un león curtido por todo uniforme.
Na idade media emerxe o emprego do pergamiño derivado do coiro como soporte para a escritura, decaendo o emprego do papiro por causa do declive das vías comerciais romanas. O coiro aparece desta volta como soporte do poder intelectual. Na baixa idade media despunta a produción do coiro repuxado ou cordobán en Córdoba. Unha tradición que produciu todo tipo de obxectos e mesmo paredes enteiras de coiro labrado que se instalaron nas casas máis suntuosas de todo o mundo, entre elas a do bailarín Rudolf Nureyev.
A evolución propiciada polas revolucións industriais estableceron as bases para o tratamento contemporáneo do coiro en actividades de produción masiva e mesmo no eido do deseño contemporáneo. Nese século XIX de cambios naturalistas, coa novela “A Venus das peles” do escritor austríaco Leopold von Sacher-Masoch, fai aparición no mundo moderno, a idea do fetichismo do coiro. O autor propuña unha poderosa muller lexionario, unha venusiana vestida con coiro. Ese interese pola vestimenta de pel como pertencente ó universo do gótico e escuro, segue a ter sona nos nosos días. Esta tempada unha exposición no Fashion Institute of Technology de Nova York, abondaba na teima. E non son poucas as artistas que traballan arestora con esa iconografía. En España, Ana Laura Aláez, ten feito esculturas con cazadoras de coiro e pezas de latex. A neoiorquina Nancy Grossman, ten feito esculturas de efixie de busto con cabezas atormentadas por correaxes de coiro. E antes as fotografías do admirado Robert Mapplethorpe, ou estilo de Lou Reed tomaban tamén o universo leather como icona, entresacado, se cadra, dos debuxos de Tom of Finland. A pel, o coiro para todos eles, antigos e contemporáneos, é sinónimo de poder e permanencia.
Nos nosos días, todo se mestura para crear bens de consumo na chamada cultura do espectáculo. Tómase do pasado o valor simbólico e defensivo da pel e actualízanse prácticas fetichistas decimonónicas con coiro. O sistema da moda fagocita todas esas épocas, e de xeito senlleiro reprodúceas nestas tempadas de crise nas que vivimos. O galego José Castro ten deseñado a súa colección outono inverno inspirándose no diálogo entre as peles con gran volume de pelo largo e a pel tratada como coiro. Con ela crea unha silueta de muller preparada para pilotar unha nave espacial no film Blade Runner. Nas pasarelas internacionais, o modisto Jean Paul Gaultier para Hermés, ten creado uns traxes en peles suntuosas como o lagarto, a serpe, o coiro forrado de visón, concibidos para unha dona que guía con resolución tanto as rendas da súa vida, como do cabalo, a aeronave ou da moto nas que se monta. Un clásico do coiro con aires “fetichistas”, da estética slim ou axustada, e das siluetas duras é Jean-Claude Jitrois. Este inventor do coiro strech, propón dende camisas de coiro, ate traxes de noite do mesmo material, roupas para seducir que destacan no vindeiro inverno. Outro clásico do “hard core” ou liña perfilada e dura no deseño é Thierry Mugler, quen propón todo un vestiario de home en coiro, adecuado para superar as doce probas do Hércules hipermoderno. En fin, Stuart Vevers para Loewe e Stefano Pilati para Yves Saint Laurent, teñen feito unhas sincopadas alternativas de coiro para o día, a noite, o frío da rúa e a calefacción dos salóns, repetindo case que sempre o diálogo das cores icona da tempada, o negro con toques de branco. Arestora a pel é o signo dos tempos, un traxe adecuado para estes días nos que hai que loitar contra os elementos.
Román Padín Otero

To-day en Faro de Vigo, Faro da Cultura, estas variaciones sobre la semiótica del vestido de cuero. Román