Panem et circenses. Arte, masas e circo.
A arte contemporánea e o circo, ou compre dicir o circo da arte contemporánea. Como queira que sexa, o aforismo de pan e circo non ten sido algo inventado polo galerista neoiorquino Leo Castelli ou pola coleccionista Peggy Guggenheim no século XX. Antes ben a combinación de diversión para as masas e grandes xantares foron creacións divinas do poder dos césares.
En torno ó século primeiro a cultura do espectáculo, algo censurado polos puristas, xa existía. Entre esas festas portentosas destacaban os eventos como as naumaquias e loitas de gladiadores no coliseo e as carreiras de cuadrigas no circo. Daquela o circo apoiábase xa nos elementos que o caracterizarán ate os nosos días, a forza hercúlea, a sorpresa artificiosa e a posta en escena para divertir.
Dende os tempos de César son innumerables os matices, revisións e trocos que se teñen asestado á festa do circo, do teatro, e da danza. Na Italia galante do século XVI aparece a representación da Commedia dell´Arte, convertendo en heroes de masas ós personaxes de Arlequín, Colombina e Pagliaccio. Este pallaso ou Pedroliño, pasa á cultura francesa como Pierrot. En Francia, a lúdica percepción que os artistas plásticos fan do circo, producirá as máis fermosas representacións pictóricas do circense.
Jean-Antoine Watteau, pinta o seu célebre Pierrot, coñecido como Gilles, no 1718. Paul Cezanne, pinta á parella “Pierrot e Harlequín”. O puntillista Georges Seurat fixo a súa versión do circo cunha equilibrista a cabalo, no cadro “O circo” de 1890. Todos os pintores da vangarda sentiron grande afección polo circo, ese espectáculo con malabaristas, animais exóticos, forzudos e donas primorosas. Entre eles Pablo Picasso, dedicou unha grande parte da súa produción ó circo en cadros como “Familia de saltimbanquis” do ano 1905 ou retrato do seu fillo, “Paulo vestido de arlequín”.
Logo da época de fascinación dos artistas da escola de París polo circo, parece que o interese por ese xeito de expresión artística quedou un pouco na decadencia. Salvadas algunhas singularidades como o circo do escultor americano Calder, poucas foron as referencias ó maior espectáculo do mundo nas artes. Tomaron, iso si, maior importancia a danza contemporánea con dotes atléticas como as creacións da Martha Graham Dance Company ou herdeiros varios da grande dama como o Netherlands Dans Theatre, o británico Michael Clark ou o noso Nacho Duato.
É por iso que resulta especialmente interesante o renacer que nas últimas tempadas os artistas da arte contemporánea están a imprimir na cultura do circense con moitas das súas creacións, nas que emulan, citan e recrean ó circo.
Arestora a parella de artistas Elmgreen&Dragset expoñen no MUSAC leonés a mostra retrospectiva chamada “Trying to remember what we once wanted to forget”. Esa tentativa de recordar o que un día tentamos esquecer, pon en escena os tránsitos biográficos do corazón, o tempo recobrado de Proust. O museo énchese das peculiares casiñas a dúas augas dos creadores, coas que fan un xogo de sucesivas habitacións, que son as salas da memoria da vida. Unha habitación de hotel, unha sala repisa con 365 habitacións, un baño, un corredor. Espazos do amor e o desamor.
Como punto forte da exposición, hai unha performance que toma prestado o seu nome dun texto de Jean Genet. “A terra farache tropezar”, é un poético evento no que uns trapecistas voan polo teito do museo facendo metáfora dos amores que pasan pola vida. Un deles lánzase no balancín e volve solo, lánzase de novo e retorna acompañado, lánzase e non volve. Hai aquí ecos ás pinturas poéticas dos Daumier, Picasso, Watteau, que representaban os persoeiros do circo abrazándose á vida cheos de melancolía pola procura do amor. Nesta acción atopamos as tres clásicas ferramentas do circo de sempre. A forza hercúlea dos trapecistas, a sorpresa artificiosa de atopar uns saltimbanquis no espazo do museo como recurso da deslocalización frecuente na arte contemporánea e a posta en escena espectacular. Desta volta, non para divertir como na Roma imperial, se non para facer reflexión dos latexos do corazón. Circo, espectáculo e arte contemporánea.
O espectáculo máis grande
De vello este nome correspondía ó circo, hoxe ese espectáculo máis grande do mundo ben pode ser a arte contemporánea. Non son poucos os creadores do século XXI que toman inspiración no circo ou no acrobático, para facer partes o seu traballo. Aparte dos mencionados Elmgreen & Dragset, coa súa marabillosa performance no MUSAC, outro artista que empregou o acrobático para facer unha perfomance, é Tino Sehgal, quen primeiro na Bienal de Berlín, e logo no MARCO de Vigo, presentou unha parella bailando sen interrupción durante varias xornadas, nunha especie de abrazo con coreografía infinita de grande poética e enormes esixencias de forma física.
Tamén no MARCO de Vigo o artista Sergio Prego, dentro da exposición “El medio es el museo”, instalou unha estrutura semellante a un grande trapecio, sobre a que organizou unha portentosa perfomance que evitaba a gravidade ó empregar o teito do museo como solo figurado.
Noutro estilo o artista Enrique Marty, presentou hai poucas temporadas a instalación de pintura e escultura chamada “La caseta del alemán” no MUSAC leonés. Tratábase da recreación dentro do museo dunha feira con cabaliños, barracas, e atraccións, cargadas con todo o esperpento que os soños máis escuros podan imaxinar.
No ámbito internacional, poderíamos facer asemade unha relación inmensa de artistas que refiren no seu traballo o mundo do circo neste século XXI. As fotografías de autorretrato firmadas por Cindy Sherman, nas que se disfraza de pallaso son un exemplo dese renacer do circense. Tamén os irmáns Jake&Dinos Chapman, na polémica intervención que fixeron sobre “Los desastres de la guerra” de Goya, transforman ós doentes feridos en pallasos coa cara pintada de cores. Son as piruetas do maior espectáculo do mundo, a arte.
Román Padín Otero

He publicado hoy este artículo sobre las influencias del circo en el arte contemporáneo. En el Faro de Vigo. Román