A costureira sinxela. Madeleine Vionnet
Madeleine Vionnet, a dona considerada polos especialistas como principal modernizadora da moda no século XX é, en certa medida, unha descoñecida para o gran público. Entre os seus éxitos atópase o de ter sido a inventora do corte ó biés e a liberadora da faixa no vestiario feminino. Foi ademais unha sólida seguidora das liñas puras pertencentes á arte postcubista, devota revisora da estética grecolatina na era do art déco, e sobre todo foi unha gran empresaria con vontade de compromiso social.
Vionnet é arestora suxeito dunha gran exposición retrospectiva no Museo das Artes Decorativas de París. Na mostra reúnense 130 dos seus vestidos ademais de variada información, fotografías e miscelánea entorno do universo desta inventora da funcionalidade.
A casa Vionnet foi aberta ó público no ano 1912 e pechou definitivamente as súa portas no ano 1939 coa lutuosa overtura da segunda guerra mundial. Ó longo deses anos, Madeleine Vionnet foi unha auténtica vangardista en non poucos eidos da súa vida profesional e persoal.
Era unha muller independente e moderna que logo de formarse como costureira, aínda mociña, viaxou a Inglaterra dende a súa Francia natal para aprender a lingua e cultura anglosaxonas. Cando retornou a París, aínda moza, traía con ela unha bagaxe que incluía un divorcio e moitas experiencias laborais. Colleu emprego coas irmáns Callot e tamén en Doucet, casas que na época, configuraban xunto a Worth a tríada de cabeza no universo da costura parisina.
As ideas de Vionnet sobre o xeito de simplificar o aspecto feminino levouna a independizarse e abrir a súa propia casa de costura onde foi facendo realidade o seu soño da Eva Futura.
Os seus vestidos, o seu estilo, ven caracterizado por cortes simples que empregan por toda estrutura as formas redondeadas do corpo feminino. O vestido pano, os patróns baseados no círculo, no rectángulo e no triángulo, son xunto ás transparencias e o drapeado, os elementos que configuran o persoal xeito de deseñar de Vionnet. Tecidos daquela infrecuentes para o vestiario feminino como a gabardina, o crepé de seda e o satin foron empregados por Vionnet. Os pequenos detalles dos vestidos eran asemade sinxelos e nunca vistos antes, ela popularizou o escote halter e o escote de cheminea recta ou desestruturada.
Para crear a súa moda, Vionnet traballaba con pequenas monecas duns 80cms de altura sobre as que colocaba os tecidos dun xeito escultórico. Son célebres as fotos da couturier sentada fronte á pequena moneca que lle servía como modelo volumétrico para o seu traballo. Logo da creación dos volumes, a parte da confección estaba apoiada no corte ó biés. Unha maneira de empregar o tecido cortando en diagonal ó gran do pano que permitía así unha mellor adaptabilidade do vestido ó corpo.
Ademais o gusto pola austeridade de Vionnet atopábase asemade no xeito co que decoraba os seus salóns no estilo “art déco” e tamén na inspiración para as súas liñas de complementos, que no caso dos perfumes tomaba corpo nomeando os aromas coas letras do abecedario. O primeiro deses perfumes, Vionnet “A”.
Ademais foi unha precursora na implantación dun sistema social con respaldo sanitario para os seus 1.200 empregados, que se beneficiaban nos talleres de salas de traballo ben iluminadas, aireadas e salarios adecuados.
Vionnet, non foi unha muller de vida social, se non unha creadora de artes aplicadas que coñecía o seu oficio á perfección e que construíu un imperio tan sólido como concreto nas primeiras décadas do século XX.
Unha das máis deliciosas entrevistas realizadas a Vionnet foi firmada polo brillante Bruce Chatwin no ano 1973, apenas dous anos antes do pasamento da couturier. O escritor británico describe a casa de Vionnet, como un austero espazo inspirado na Grecia clásica, cunha fotografía do Partenón presidindo a sala que estaba decorada no estilo déco.
Vionnet era unha grande admiradora de Isadora Duncan, que servía de musa inspiradora para o seu estilo de muller libre e cultivada, cualificándoa de “¡grande artiste!”. Sobre Poiret, outro liberador do corpo da muller das garras da faixa, opinaba que era más ben un “costumier” que un “couturier”, é dicir un creador de roupa para o teatro e non tanto un modisto. E de Chanel, pensaba que era unha “modiste” de chapeus e non de vestidos.
Na exposición parisina, preséntase restaurado o legado que a couturier deixara ós museos franceses no ano 1952. A exposición coincide co relanzamento da empresa “Vionnet”, que agora é propiedade dun grupo italiano, o cal aplicará o marketing de facer variacións sobre a teima da sinxeleza de Madeleine Vionnet para tecer o mito dunha grande da moda. A eternidade estará garantida por medio do mercado. Neste século XXI, Vionnet será unha sede estética tanto para especialistas como para o gran público. E os seus orixinais poderán admirarse até o fin do ano nas salas do museo parisino de Les arts décoratifs. Un exemplo do xenio francés no diálogo da arte coa industria.
Román Padín Otero

He publicado to-day en Faro de Vigo este artículo sobre Madeleine Vionnet...la couturier du siecle,,,Román