Figuras de impacto
Atopamos nas últimas temporadas un intenso redescubrimento da arte figurativa. O público e a crítica especializada, quizais cansos de tanto arte conceptual, sentímonos reconfortados cando as salas de exposicións presentan artistas cuxos universos se encadran no realismo e na estética aprehensiva das figuras, das paisaxes ou as naturezas mortas.
A excelencia na tradición das grandes escolas de pintura na península ibérica, dende o barroco ate o romanticismo, está arestora a ser revisitada, pois son moitos os célebres creadores da escola figurativa contemporánea española que están a obter éxitos na escena internacional.
A figuración leda, matérica, africana, mariña e intelectual de Miquel Barceló, non soamente ten servido recentemente para crear o teito das Nacións Unidas, se non que tamén a súa presenza na actual edición da Biennale está a ser un éxito memorable na historia da cita veneciana.
Cando a Barceló lle foi comisionada a cúpula de Nacións Unidas, levantouse moita polémica polo prezo da obra. Daquela moitos detractores esqueceron a grande tradición que temos no século XX, e no XIX, de pintores figurativos españois que alcanzaban prezos extraordinarios polas súas obras, sobre todo entre os compradores privados. Entre eles Sorolla, Sert ou o propio Picasso. Así que non hai como mirar á historia para comprender a coherencia dalgúns valores da arte nos nosos días.
A obra figurativa de Barceló, dende a súa intimista etapa inicial durante os anos oitenta cando residía establemente en París, ate a súa actual pintura de paisaxes con figuras de inspiración Africana, ten destacado pola coherencia para a construción dun universo propio do artista. O seu traballo é coherente. Vinculado no inicio á estética da Movida e da Transvangarda, ten evolucionado cara a unha mórbida licuación das figuras, das paisaxes, como nunha perenne procura de auga nun remoto deserto africano. Mais o bucle do inicio e o fin encontra razón de ser pola sensual, sexual, e erótica representación de todo o que está vivo na obra do artista.
A coherencia dese traballo de varias décadas, visionariamente presentado por Paloma Chamorro naquel excelente programa de televisión dos anos oitenta chamado “La edad de oro”, pode ser agora visitado no pavillón español da Biennale de Venecia. Unha cita coa figuración masiva.
Outro artista, esta vez un galego, o pintor Rafael Cidoncha, está arestora traballando en París, a cidade regazo de tantos artistas dende as academias ate as vangardas.
Na cidade do Sena, e tamén dende o seu estudio de Madrid, está a organizar as obras para tres exposicións en sedes internacionais durante a próxima temporada. Cidoncha é un pintor dilecto de coleccionistas de elite, non soamente retrata con elegancia o aire da cidade da luz envolvendo fermosos edificios de estilo art déco. Tamén fai retratos de xardíns coa perfección dun caderno de botánico e o encanto dunha grande obra de arte. As súas composicións de naturezas mortas ou os seus retratos de efixie de busto de grandes persoeiros como o deseñador Christian Louboutin ou membros de Casas Reais, son algunhas das súas pezas máis apreciadas.
Nas súas inminentes exposicións coa Galería Marlborough reaparecerá sincopado o seu universo proustiano de beleza sublime e a súa paixón polos xardíns. Outra cita coa gran figuración.
Tamén en París, o artista Ignacio Goitia, un creador vasco moi admirado e coleccionado en Galicia, ten inaugurado unha impecable exposición na “Galería 13-Jeannette Mariani”. A mostra reúne debuxos e cadros de gran formato nos que se convoca polo artista o seu mundo cheo de arquitecturas suntuosas, pezas preciosas de artes aplicadas e unha pléiade de personaxes que desafiando o tempo fan conversar o século XVII co mundo transmoderno de 2009.
Entre os debuxos, hai pezas onde academias de espidos masculinos observan hieráticos a gola dun persoeiro apócrifo da Casa de Austria. Noutros dos papeis, damas coa silueta en “S” rescatadas dun cadro de Boldoni, están a carón de policías italianos ou homes espidos tombados sobre mesas Luís XVI.
Nos grandes cadros figurativos con estilo fotográfico e tintas lixeiras como veladuras renacentistas, atopamos interiores de salóns, perspectivas de avenidas e ángulos de castelos. Un dos grandes lenzos retrata un interior do castelo de Windsor decorado con ramos de rosas en cada esquina. Sobre os muros da habitación retratada, vense tres cadros que recrean as alegorías do amor que Felipe IV, tiña no seu dormitorio do Alcazar. Que eses tres lenzos aparezan no cadro obedece a notorios descubrimentos historiográficos recentes que informan da localización dalgunhas obras mestras antes do incendio da Real Casa.
Entre as bondades da arte contemporánea, atópase a de poder seguir admirando a pintura de calidade académica como unha máis das vías para facer variacións estéticas sobre o latexante mundo actual.
Punta Della Dogana
A inauguración do Museo Punta Della Dogana en Venecia é un dos máis relevantes eventos artísticos recentes. Trátase da segunda sede veneciana da François Pinault Foundation, que conta asemade co Palazzo Grassi como residencia para unha das máis interesantes coleccións particulares de arte contemporáneo seleccionado entre ás fundamentais correntes creativas das últimas décadas. Un museo do século XXI.
A intervención arquitectónica do antigo e emblemático edificio localizado no acceso ó Gran Canal, é obra de Tadao Ando. Unha sutil creación de espazos amplos respectando os vellos muros de fábrica do histórico edificio é o que ten feito o arquitecto xaponés. Logo a utilización das salas é contundente pois e xeito maioritario cada sala está dedicada por enteiro a un artista. Hai un respecto magnífico pola coherencia de cada un dos universos creativos dos artistas presentes na colección.
O espírito das obras en exhibición recolle perfectamente a ácida ironía da arte das derradeiras décadas. Un discurso no que as estéticas roubadas ós mundos dos nenos como o manga ou os monecos de trapo, aparecen mesturadas con citas á abstracción, representacións de continxencias mundiais ou recordos a esperpentos como a guerra mundial.
No museo hai unha grande presenza de obras figurativas. Na sala primeira un cabalo coa cabeza cravada na parede obra de Maurizio Cattelan da a benvida ó visitante.
Logo unha impresionante instalación dos irmás Jake and Dinos Chapman reproduce en grandes caixas de cristal variacións sobre os desastres da guerra e reinterpreta diversas formas de infernos. Dende a bomba atómica ate os campos de concentración aparecen representados cun hiperrealismo en miniatura que permite ver grandes masas de humanidade pasando polos maiores sufrimentos. É unha sorte de nova arte románica en clave transmoderna.
Hai ademais esculturas de Jeff Koons, fotografías de Cindy Sherman e una poética sala dedicada ó expresionista abstracto Cy Twombly. Un museo onde reencontrar a figuración entre doces soños de arte futura.

Román Padín Otero
He publicado este artículo sobre la nueva figuración en la escena internacional en Faro de Vigo, Faro da Cultura. El periódico donde en estos momentos están publicando mis mejores textos, por que en otros tan queridos para mi, yo no se que hacen de mi, me cambian y omiten más que a una cabaretera de tercera división... a veces...en fin!