Andy Warhol´s Interview
Cúmprese o corenta aniversario da revista Interview de Andy Warhol, a máis emblemática das publicacións periódicas dedicadas á cultura pop. Un enderezo de inescusable consulta para coñecer as perigosas relacións da moda coa arte e do cine coa música nas últimas décadas.
Andy Warhol, é coñecido por todo o mundo, afeccionados á arte ou neófitos, grazas sobre todo á enorme capacidade que tivo para facer obras de arte de reprodución industrial. A peza única, o que de vello era valorado dende a Academia como soporte da alma na creación artística, foi postergado pola arte pop ó baúl dos recordos. Os pop empregaron soportes de edición e reprodución mecánica para unha grande parte das súas obras. Os artistas pop, entre eles e ó fronte deles Warhol, atopaban na posibilidade do “gran supermercado da arte” a máis suxerinte das liñas creativas.
No inicio do seu traballo nos anos cincuenta, Warhol creaba singulares debuxos para anunciar zapatos. Ese coqueteo coa moda e coa publicidade, serviu de antecedente ó seu sistema de superestrelas, arte-anuncio e glamour.
Ó longo dos anos sesenta nas súas primeiras exposicións xa aparecían as célebres latas de sopa Campbell, as botellas de Cocacola, e o retrato de Marilyn. Dende entón as teimas das obras de Warhol foron rescatadas do cinema, dos medios de comunicación de masas e dos lugares máis banais como o propio supermercado.
Esta forma de converter en “famosas por 15 minutos” a calquera persoa ou calquera obxecto, foi levada ó paroxismo dende o atelier do artista, o espazo chamado “The factory”. Alí, membros da vida underground neoiorquina, persoeiros da alta sociedade e “nightclubbers”, eran mesturados polo artista para a procura dun ambiente de creación único, ademais de inventar un espazo lúdico onde se producían en equipo, filmes, cadros, fotografías polaroids, retratos e toda unha miscelánea de produtos de artista. Warhol foi o primeiro en facer da divulgación masiva un elemento positivo e non unha pesada carga de perda de identidade da obra de arte.
Warhol estaba de cotío rodeado polas actrices, actores e persoeiros da alta sociedade que servían de modelos para os seus retratos. De xeito que o “retrato por encargo” converteuse na peza de identidade do artista. Hai unha certa sensación de diálogo cada volta que pensamos en Warhol, pois ó mirar ó artista, sempre o vemos reflectido nun retrato de Liza Minnelli, nunha efixie de Mao, ou na testa Liz Taylor empregada mesmo como papel pintado. O universo de Warhol, non soamente se apoia na edición, se non tamén en tódolos modelos que fican por ser os alter ego do artista.
Sen dúbida unha das máis fascinantes ideas de Warhol, foi a creación da súa propia revista, Interview no ano 1969. Unha publicación que ven sendo dende esa data un dos máis vangardistas catálogos da arte contemporánea e o medio máis eficaz para catapultar á fama a actores, actrices e celebridades.
Todo o mundo pensaba que as portadas realistas de Interview estaban pintadas polo propio Warhol, mais era o ilustrador Richard Bernstein, quen retrataba ás estrelas para a primeira páxina. Ó longo dos anos case que todo o mundo que conta na cultura pop pasou polas páxinas ou pola portada de Interview. Entre elas, a editora de Vogue América, Diana Vreeland, quen marcou unha época de elegancia e fascinación polas novidades da vida nos anos setenta. Personaxes que encarnan o sexapeal dos anos oitenta como Richard Gere, Anjelica Houston, Mat Dillon ou Nastasia Kinski, pasaron pola cámara de Warhol e pola portada da revista.
O gusto de Warhol polo terceiro xénero e as políticas de apertura da identidade sexual, levárono tamén a incluír no seu universo de “superstars” a cantantes como Grace Jones ou Divine, e a “macho men” como Marky Mark ou Brian Bosworth, todos eles tiveron a súa escena de gloria pop aparecendo na revista que se distribúe por todo o mundo.
Unha das portadas do ano 1987, estivo ocupada polo propio Warhol a causa do seu pasamento. Logo da súa morte a revista sigue a ser un medio de difusión do universo de ideas do artista, con portadas ocupadas por Madonna, Zac Efron ou Björk, unha vía láctea de estrelas que nunca se esgota.
Cando no ano 1983 Warhol visitou España pola invitación do galerista Fernando Vijande, expuxo a serie chamada “Guns, knives and forks”, e traía tras de seu a incorporación ó seu imaxinario de estrelas a Miguel Bosé, para quen fixera a portada do disco “Made in Spain”. Naquel ano, escoitei eu por primeira vez na terraza do Café Costes en París, falar da revista de Warhol. Nos seguintes, as entrevistas de Warhol, pasaron tamén ó eido das colaboracións con novos pintores como Jean Michel Basquiat e Francesco Clemente, cos que creou un xogo de espellos no que non se sabe quen é o autor da obra pictórica.
Neste ano 2009, no grand Palais celébrase unha grande exposición dedicada ós retratos de sociedade, “Portraits of society” de Warhol. Alí están Brigitte Bardot, Man Ray, Lee Radziwill, Leo Castelli, Sonia Rykiel, e así até 130 retratos, todos eles parte nalgunha volta da revista Interview.
Ó visitar a exposición,¿ miramos a ese persoeiros famosos ou recoñecemos a autoridade que lles ten outorgado ter sido retratados por Warhol? Non hai “Interview” sen o que pregunta e o que resposta, o universo Warhol é un moderno sistema de alternancias e dualidades no diálogo. A arte da diversidade ó alcance de todos por medio dunha revista.
Román Padín Otero

He publicado este text en Faro da cultura sobre el 40 aniversario de la revista Interview de Andy Warhol...Román