He publicado un artículo sobre Mariano Fortuny en El Faro de Vigo, Faro da Cultura
Mariano Fortuny. A fiadeira do investigador.
Un dos artistas máis importantes do século XX, Mariano Fortuny y Madrazo (Granada 1871-Venecia 1949), está sendo suxeito dunha exposición monográfica no museo do traxe en Madrid. Con motivo desta mostra, compre recordar brevemente algúns dos fitos deste artista total, que como o tamén xenial Richard Wagner, procuraban a invención dunha obra de arte integral, convivindo coa creación a través de distintos campos artísticos.
Mariano Fortuny, foi pintor, escenógrafo, deseñador de tecidos, creador de roupas. Investigador infatigable da relación das artes coas posibilidades técnicas, nunha época marcada na vangarda polo movemento arts&crafts e o modernismo. Daquela, púñase en marcha o concepto intertextual das artes que hoxe coñecemos, onde pintura, escultura, moda, artes aplicadas, arquitectura e artes escénicas, afúndense para crear obras espléndidas apoiadas no talento e a inspiración con soporte técnico.
Do mesmo xeito que Wagner, gran inspirador das escolas musicais do século XX, tentaba integrar texto, escena, música e xesto nunha gran creación musical. Tamén Fortuny, integraba tódolos campos da plástica para construír un monumental universo estético, do que hoxe nos chega un ampla herdanza que abrangue de xeito singular o deseño de lámpadas, a manufactura de tecidos, os deseño de vestidos como o Delfos, e de fulares como o Knossos. Todas elas pezas orixinais de museo que poden asemade ser mercadas, pola natureza de creacións de reprodución industrial que teñen as invencións de Fortuny.
Nado en Granada de familia de artistas, tanto pola banda paterna como materna, pronto se traslada a París coa nai viúva e despois a Venecia, onde habería de instalar o seu fogar para a vida.
A casa de Mariano Fortuny y Madrazo en Venecia, encerra todo o encanto equilibrado entre orientalismo, medievalismo e tecnoloxía, propio deste poliédrico creador.
Unha estrutura de edificación como unha torre, con fiestras oxivais e frisos con certo exotismo nas paredes ocupan o espazo do Palazzo Pesaro degli Orfei, un lugar no que aínda parecen escoitarse os chasquedes das sedas dos vestidos creados polo artista de vello, cando el e a súa familia vivían no gran caserón de estilo gótico veneciano.
Fortuny, visionario destacado, tivo a boa idea de incorporar á súa época, os estudos antropolóxicos e o rescate de vellos modos de fiado e produción industrial. Dende os supostos xeitos de produción téxtil de exipcios, gregos e romanos nas súas idades de ouro. Até o fiado de brocados e sedas grosas de tempos tardo medievais e barrocos. Foron estudados e reinventados por este artista multidisciplinar, para abrir unha páxina axial da historia do vestido e as artes. As súas investigacións no campo do vestido acadaron o logro dun traballo que puido vestir unha época dende a distancia conceptual. Algo alleo á moda e adscrito ó estilo.
É dicir cando Mariano Fortuny creaba as súas saias plisadas de aires mediterráneos e vestidos con forma evocadora dun sari, o que a maioría dos seus contemporáneos modistos estaban a facer, ¡eran variacións sobre a faixa e as crinolinas! Así que os seus vestidos era obras singulares contra a moda imperante.
Esa actitude “á rebours” ou á contra, converteuno sen querelo, nunha icona da creación máis vangardista da súa época. A muller deses primeiros anos do século XX, estaba empezando a ser despoxada da faixa por outros modistos innovadores como Paul Poiret e tiña entre outras deusas referenciais ás bailarinas Isadora Duncan ou Ida Rubinstein.
A liberdade do corpo e o enxalzamento das voluptuosidades femininas foron admiradas polos artistas deses anos e atoparon grande difusión nas figuriñas criselefantinas, unha forma idónea para divulgar o estilo arcaico dos vestidos de seda fortunescos e a danza iconoclasta das duncanianas. Ámbalas dúas formas de expresión do espírito dun tempo a cabalo entre os antigos e o futuro.
Daquela o vestido “Delfos” de Mariano Fortuny, unha creación sinxela e fermosa, feita con forma tubular, escote barco, mangas curtas, de seda plisada como no antigo Exipto e boliñas de vidro nos remates, converteuse nunha das imaxes máis potentes da época. Popularizado tamén que fora o vestido pola mecenas Peggy Guggenheim, entrou dende o inicio na calidade de obra de arte.
Tamén neses anos de troco do século XIX ó XX, os patróns simplificados que creaba Madeleine Vionnet, inspirados no cubismo, tiñan formas arcaicas e básicas. Vestidos con forma de cadrados contrapostos e tecidos lixeiros cortados ó biés, eran referenciais do traballo da modista. Eran modas que evocaban o o clasicismo pola súa simplicidade formal.
Nesa liña, Mariano Fortuny, traballando dende a distancia do artista creou o pano con decoracións grecolatinas chamado “Knossos”, que tamén é un fito na forma de decorar o corpo alleo, máis dentro do estilo que da moda. Co pano “Knossos”, colocado como un sari ou como unha capiña, acádase o obxectivo da moda de ver e ser visto, sen tropezar nas mareas das tempadas, sendo un exemplo de estilo atemporal baixo a dialéctica da moda. Noutro campo de traballo os deseños neomedievais, retrogóticos, postbarrocos que fixo para tecidos, son un exemplo dun anacronismo de perfecta beleza na creación absoluta de elementos para decoración de interiores.
Agora estas e outras brillantes invencións de Mariano Fortuny poden verse na exposición que lle dedica o Museo del Traje en Madrid. Unha visita iluminada baixo a futurista lámpada con forma de paraugas sobre trípode chamado “Pallucco”, tamén firmado por Mariano Fortuny, o exótico artista cosmopolita español.
Román Padín Otero