viernes, 3 de octubre de 2008

Latexos de Creadores







De latidos y rutas. Santiago y sus ateliers
El caminante absorto por la pétrea belleza que envuelve a Santiago de Compostela advierte en las Rúas y en las plazas la singular combinación de estilos que habitan cada rincón de la ciudad. En cualquier lugar se fusionan románico, plateresco, barroco y sus neologismos, creando lo que se da en llamar el “estilo Compostela”.
Ese cuerpo de las grandes artes arquitectónicas tiene vías y rutas por las que transitar. Las Iglesias y Palacios ofrecen recogimiento y también sus tesoros al paseante.
Los museos con bellos cuadros de temática religiosa y laica invitan a la delectación. Bellos tapices y piezas de orfebrería llenan las salas de los grandes edificios emblemáticos del pasado. Y en el siglo XXI las “cajas blancas” llenas del arte de hoy, con abstracciones, nuevo figurativo y creaciones interdisciplinares se encuentran en cada fragmento del cuerpo de la ciudad. Además encontramos los latidos del corazón de la urbe, sus gentes que la pueblan, los artistas que en ella trabajan.
En una ruta de antiguos talleres de azabacheros, comparten espacio hoy, los herederos de aquella tradición de la piedra negra y otros nuevos creadores dedicados a la pintura, el esmalte o las piedras duras. En otra vía de antiguos plateros hay estudios de arquitectura, talleres de escultura, casas dedicadas a los centros de informática para crear arte en la red. Aún en zonas, de otrora venta de paños o en las rutas de los abastos, continúan hoy esas ofertas y descubrimos además nuevas sugerentes invitaciones a las artes hechas con materiales efímeros y objetos creados con la delicadeza del textil.
En Santiago se invita al visitante curioso aficionado a la belleza, a visitar los estudios de los artistas residentes para conocer más de los “latidos del corazón, la hermosa vivificante realidad de las artes en la vida urbana”.
Román Padín Otero
J´etait invité par Reina a faire le catalogue des artistes á Saint Jacques...trés jolie, voilá ma presence comme createur bijoux dans le livre

IX Ciclo de Lied













Poulenc, a voz dos amantes
O compositor francés Francis Poulenc nace en París no ano 1899 no seo dunha familia acomodada. O pai era empresario do medio de produtos químicos e a súa nai pertencía a unha familia de coñecidos ebanistas e artesáns. Contan as biografías de Poulenc que o pai era afeccionado á música de Beethoven, Berlioz e César Franck. A nai que era unha pianista afeccionada gustaba das composicións de Mozart, Schumann e Schubert. Ámbalas dúas formas de apreciar a música conxugaríanse no estilo grande e divertido da música de Poulenc.
Na formación de Poulenc houbo un rápido aprendizaxe do piano o que lle facilitou o acceso a ser alumno de Ricardo Viñes que o animou a acercarse a compositores vivos na época como Satie, Ravel, Stravinsky ou Falla.
A súa vida profesional aparece relacionada no inicio da súa carreira co chamado grupo de Les Six. Unha xuntanza de compositores entorno a París que compuxeron pezas para ser editadas en conxunto e que tiñan entre eles o fío condutor da “joie de vivre”. As composicións de Poulenc e as do grupo dos seis teñen un latexo común de ser música leda, hai unha certa motivación en tódolos compositores desa época vinculados ó grupo de subliñar a beleza e a ledicia da vida. Pode que as dramáticas experiencias das guerras e as divertidas épocas entre as contendas fixeran nestes artistas a vocación de falarlle ó mundo sobre as súas fermosuras con bo humor.
A primeira participación de Poulenc co grupo de Les Six tivo lugar no ano 1919 cando edita xunto ós cinco membros restantes Georges Auric, Louis Durey, Arthur Honnegger, Darius Milhaud, Germaine Tailleferre un álbum de seis pezas de piano. Este grupo marca o estilo do século XX separándose do impresionismo e da melodía infinita wagneriana e facendo obras melódicas que en ocasións eran música de baile.
Un segundo momento importante nos inicios da carreira de Poulenc, que tiña a influencia materna e paterna dun gusto refinado e diverso polos grandes compositores clásicos, foi cando estando aínda cubrindo obrigas militares durante a Primeira Guerra, compón a “Rapsodia Negra”, no ano 1918, para cantante solista e orquestra. Foi unha das súas primeiras incursións na música vocal que tantos e excelsos logros habíalle de procurar ó longo a súa traxectoria.
A obra de Poulenc ten certas peculiaridades de clasicismo, mais é lixeira, melódica e sobre todo ten unhas frases musicais peculiares que identifican o estilo xenial do autor no que aparece de xeito constante a ironía, a sátira e o humor como grandes leit motifs.
Unha das peculiaridades do estilo desde gran músico é a elegancia e chic absoluto no que se sitúa a súa produción. Na súa incipiente carreira colaborou co empresario ruso Diaghilev na composición do ballet “Les biches”, que narra unha especie de incursión na sociedade dunha moza no ambiente dun salón. A música lixeira e o ton “humoresque” marcan a peza e serán despois unha constante no traballo de Poulenc.
Unha segunda parte do seu catálogo ven influída por unha visita ó mosteiro de Rocamador que lle vai avivar a súa fe católica e torna a súa produción cara a unha elevación mística que lle permite escribir páxinas maxistrais como as “Letanías da Virxe negra” ou os “Motetes para un tempo de penitencia” ou mesmo a ópera “Diálogo de Carmelitas”.
Na ópera “Diálogo de Carmelitas” toma presenza na produción e na vida de Poulenc a que sería a súa cantante preferida, Denise Duval.
A cantante foi tratada por Poulenc como unha das grandes estrelas da escena de século vinte e non solo compuxo roles específicos para a súa voz, se non tamén a propuxo como exemplo de elegancia animándoa a que se vestira nos mellores costureiros da época de xeito que se ampliara o espectro das artes na encarnación da elegante cantante de ópera.
Denise Duval estreou a obra máis delirante e divertida de Poulenc a titulada “Le Mamelles de Tiresias” (os senos de Tirésias), onde a Duval xoga o papel indómito e fantástico de Thérèse.
Tamén o rol de Blanche de la Force na ópera “Diálogo de Carmelitas” está escrito para ela e permítelle á cantante dar todas as posibilidades da súa calidade vocal.
En fin a obra das obras vocais de Poulenc, “A voz humana”, foi tamén escrita polo compositor para a cantante Denise Duval. Nela a voz da cantante toma o centro de atención e serve de referencia para toda a importancia da obra lírica de Poulenc que conta no seu catálogo de obras para voz con infinidade de creacións, un catálogo de cancións que supera varias veces a centena.
O drama “A voz humana” é un monólogo para voz e orquestra, no que unha dona fala por teléfono durante toda a produción tentando de poñerse en contacto co seu amante con quen acaba de poñer fin a unha relación de amor. A modernidade da idea do teléfono, a soidade que se representa cando a cantante non pode falar co seu amor por que se perde a conexión e todo o ambiente desesperado aparece representado de xeito excelente pola música de Poulenc, o que fai desta obra unha creación mestra do século XX. Ese sentimento de soidade foi inspirador para moitos artistas, o cineasta Pedro Almodovar, emprega parte da obra no inicio duns dos seus films. O artista italiano Francesco Vezzoli ,emprega a obra dentro dun vídeo que é interpretado por Bianca Jagger, pero que conta con música de Satie. O certo é que a obra “A voz humana” ten libreto de Jean Cocteau e música de Poulenc, é un exemplo dos moitos éxitos que acadaron as colaboracións entre Poulenc e os poetas, escritores e artistas do seu tempo.
Entre outros, Poulenc musicou poemas de Guillaume Apollinaire, en por exemplo “Les Mamelles de Tirésias”.
Letras de Jean Cocteau e Raymond Radiguet en “Le gendarme incompris”.
De Cocteau soio en por exemplo a devandita “Voz humana” e “La dame de Montecarlo”, un delicioso monólogo no que se representa o aburrimento dunha dama da alta sociedade.
Max Jacob, Paul Éluard, Louis Aragon, Federico García Lorca, entre outros son os poetas a quen Poulenc dedicou a súa música.
Cando pensamos no lieder xermano pensamos na fusión ou mímese ou alquimia entre voz e piano que se alcanza con moitas das cancións. No caso das cancións de Poulenc acontece algo semellante e o equilibrio entre voz, poema e música abre camiños descoñecidos ó gran cortexo de Orfeo. A canción francesa máis universal.
Román Padín Otero
My friend José Victor Carou, organises the Lied Festival in Santiago...I often do essays for the season.




jueves, 2 de octubre de 2008

24 horas 10 minutos na batalla en Faro



Á própos de mon amie Salvador Cidrás au Musac cet article dans Faro et les batailles de la vie et l´art

Sensualidade en FARO



Un article autour de la sensualité dans l´art au Faro da Cultura

Arte siglo XX en Mugalari


Un article autour du musée de Beaux Arts á Bilbao dans Mugalari.

Tesoros de Apsley House






















My friend José Luís Aulet has made the presentation of his new book "Tesoros de Apsley house", porcelanas y la Guerra de la Independencia Española. Soit fine!






Maxia no museo











My friend Iñaki Martínez Antelo, le directeur du Musée Marco de Vigo has organized avec Chus Martínez this great exhibit. La magie du monde et des arts!




Cocktail au Real Club de Regatas Galicia




My friends Pedro Piñeiro, Gonzalo, Giraldo et autres au Club en Vilagarcia. Le chic de la mer!


Goitia en Galicia




Mon chére amie Ignacio est venu a la côte galicienne. Joie et cuisine au Loliña!


Pics autour de Miriam á Madrid






























La joie de l´amitié avec la bande vasque! Les universes goitia, sourrouille, mendiluce, ocáriz...aux défilés.