jueves, 31 de marzo de 2011
O traxe do cisne, A dress for a swan, Faro de Vigo
A dress for a swan
Fashion designers and artistic directors, often cooperate with great succes, arriving, from time to time, at never seen before esthetics momentum. This combination, betwen wardrobe, sculpture and scene, has lots to say in the hipermodern intertextuality that is the main characteristic of new art in the late hundred years.
After the vangards, arts are not limited to an specific field but instead, they are linked one to another as if medias did not exist as independent fields. Thus artistic speeches go further, due to the infinite possibilites of interconnected medias.
Not for least, the visit to the Museum Reina Sofía, in Madrid, starts its narration on contemporary art, after the wardrobe created by Oskar Schlemmer for the Ballet Triadic at the german Bauhaus School. This group of gowns-sculptures, works as a leitmotiv to all the following artworks thought to dress the theatre or film scene, for these avant garde creations opened the door to never ending possibilities in merging clothes, design and drama.
In our days, is quite frecuent to find the most audacious fashion designers, that is, those who create sculptures or singular pieces of arts and crafts with their couture, doing collaborations with the ballet scene, the theatre or the film industry. It´s been recently that the couple of designers Rodarte, where commisioned to do the wardrobe of the film “Black swan”, where the presence of ballet is as fundamental, as to create a perfect balance between couture-ballet-film.
Gowns for black swan (Odette) an white swan (Odile), where the perfect excuse to dedicate an exhibit to the couple of designers at the MOCA on the Pacific Design Center. Odile as malevole black swan opens the exhibit. And Odette, as snow white, transforms the second story of the small exhibition, in a contemporaray installation, as the gowns are sorrounded by fluorescents lighting, relating the whole site specific to Dan Flavin´s coneptual art. Among the black gowns, there are pieces from diferent ready to wear collections signed by Rodarte, aswell as the black tutús created for the camera. It is so, that the cocktail gowns and the tutús, merger to create a phantome like décor reflected by a dark miror on the floor. Regarding the content of the white room, an archive of cocktail dresses from prêt à porter collections are combined with the white tutús, underlining the poor and experimental materials in which the street wear is tailored. The baroque style of the dresses enters the twilight zone when red blood paterns serve as an antagonic element to the all white light gowns. Same blood touch, as the one appearing on the death scene´s tutú, in which Natalie Portman, bleeds on the front of the dress, throwing terror into the arms of beauty.
That way of representing blood as part of a cloth pattern, may be also found on another couture creation for the stage. Hanae Mori´s gowns for Puccini´s Madame Butterfly. On the opera´s last scene, when Butterfly is to commite suicide, wearing a white kimono, she represents the bleeding by opening dramatically a red fan upon the inmaculate whitenes of her dress.
Last but not least, the 1948 release of Hans Christian Andersen´s tale, “The red shoes”, on the production directed by Pressburguer, counted with the presence of ballerina Norma Shearer, for the argument of the film was related to the homonimous ballet. A girl fascinated by dance, found a pair of red shoes that would lead her to death in a never ending exhausting haunted dance. Miss Shearer´s gowns, were designed by couturier Jacques Fath. And so were the clothes that another main ballerina wore, Miss Ludmila Téchrina, who was dressed by Carven.
On the film, “The red shoes”, many scenes of the ballet “Swan lake”, are shown. The make up wore by Miss Shearer, may well be found as an inspiration to the outreigous close up image of Natalie Portman in the “Black swan”. So far, relations and links between couturiers and film´s scene directors, find inspiration in the mythical russian ballet, Swan lake. A tale that develops a peculiar approach to the nymph Ondine.
Swan was a man
One of the most innovative versions of the classical ballet “Swan lake”, was staged on 1995 by coreographer Matthew Bourne. On this production the argument is borrowed from Andersen´s tale “The murmaid”. And some innovative aspects to it are brought from the choreographer´s autobiographical experiences and few accents brought in from Alfred Hitchcock´s “The birds”.
Music is the original Tchaikvosky´s score, while choreography is totally contemporary, and the biggest surprise is that the principals and the corps de dance of the ballet, are men and not women. So far the ballet is not about the anthitesis among Odile-Odette, but about the Prince´s own interior psicological contradictions, towards obteining freedom and independence.
As refering to the wardrobe, all dancers wear similar baggy pants plumby looking, and show bare torso. This silouette recalls that of Jean Paul Gaultier´s ballet “Le défile”. An spectacle that the couturier conceived with coreograph Régine Chopinot, where a recall to the Bauhaus´s Triadic Ballet may also be found.
Sometimes the swan is transfered to the stage, and others to the red carpet. So occured in 2001, when singer Björk, wore a swan dress to the Oscar´s ceremony. No matter whether with men, women, classic or vangard, there´s no doubdt that “Swan lake” opens a door to make never ending variations on the nature of beauty.
Román Padín Otero
O traxe do cisne
As colaboracións entre modistos e directores de escena causan en ocasións situacións estéticas nunca vistas antes. Esa combinación entre o vestiario, a escultura e a escenografía, ten moito que dicir na intertextualidade que caracteriza á arte dos derradeiros cen anos. As artes non se limitan a un terreo aillado dende a época das vangardas até os nosos días, se non que tentan de interrelacionarse entre elas para acadar un maior desenrolo do discurso dos creadores plásticos.
Non gratuitamente, o inicio da visita ó Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía de Madrid, realízase na actualidade visionando a escenografía que Oskar Schlemmer, realizara na escola xermana Bauhaus, para o ballet Triádico. Este conxunto de esculturas-traxe, serve de referente para todo canto traballo de vestir á escena se fixo despois das visionarias datas dos creadores “modernos” do inicio do século XX.
Arestora resulta frecuente que os deseñadores de moda máis audaces, aqueles que realizan coa súa arte aplicada unhas creacións únicas, tan valiosas como as esculturas dos artistas plásticos, sexan convocados para realizar os vestiarios da escena do ballet, dos filmes ou dos teatros. Recentemente as deseñadoras americanas Rodarte, foron comisionadas para facer o vestiario do filme “Cisne negro”, no que a presenza do ballet é tan preeminente, que se da unha xogada a tres bandas entre modisto-ballet-film. Os traxes de cisne negro (Odette) e cisne branco (Odile), serviron de escusa para dedicarlle unha exposición á parella de creadoras no MOCA , Museo de Arte Contemporánea de Los Ánxeles, en California, na súa sede dedicada ó deseño, no Pacific Design Center de West Hollywood. Odile, como maléfico cisne negro abre a exposición. E Odette, como níveo cisne branco ocupa o segundo andar, da pequena mostra, nunha sala iluminada por tubos fluorescentes de evocación ó artista conceptual Dan Flavin. Entre o conxunto de vestidos negros, hai pezas das coleccións de listo para levar das deseñadoras, con outras pezas creadas a propósito para o filme. Así os tutús mestúranse cos traxes largos de festa, estando todo elo reflectido nun espello de fume negro que crea un ambiente espectral e dramático. Canto á sala dedicada ó branco, hai nela traxes de noite desa cor, feitos cos humildes materiais típicos da parella de creadoras que van dende o nylon até o macramé, pasando por tecidos de alta calidade, que as deseñadoras alteran con procesos experimentais, para que semellen usados ou simplemente para que parezan o que non son.
Os traxes, de estilo barroco pero cun certo aire de noite de zombies, teñen ademais a cor vermella como argumento. Hai varios vestidos das coleccións de prêt-á-porter das creadoras de cor branca pero salpicados de tons rosáceos como se fosen sangue. Xunto a eles está o tutú que aparece na derradeira escena do filme, onde do busto branco xurde unha mácula vermella como representación da sangue que indica a morte inminente da bailarina.
Este xeito de representar a dor do sangue nun estampado dun vestido, atopámolo tamén, noutro conxunto de vestiario para a escena, creado hai unhas tempadas pola modista xaponesa Hanae Mori, para a representación da ópera Madama Butterfly de Puccini. Neste vestiario, a derradeira escena vístese cun kimono branco para o momento do seppuku de Butterfly. Logo de facer o xesto da autoinmolación, emprega a cantante un abano vermello como metáfora do sangue que brota do corazón da exánime Butterfly.
Hai tamén outra referencia que ben ó caso para comentar o traballo de Rodarte en Cisne Negro. Tal é a cita á película “As zapatillas vermellas” de Pressburguer-Powell, realizada no ano 1948, que contou ca participación da bailarina Moira Shearer e do épico membro de Les Ballets Russes, Léonide Massine. A historia de Cisne Negro, ten moito que ver coa versión fílmica do conto de Hans Christian Andersen, realizado por Pressburguer. Unha moza fascinada polo ballet queda presa até a morte por unhas zapatillas que a fan bailar até morrer. Daquela o vestiario da Shearer, fóralle encargado ó modisto Jacques Fath, quen era un celebrado creador de traxes con grandes saias e polisóns. Tamén a casa Carven, vestira daquela a outra estrela rusa presente no filme, a bailarina Ludmilla Tchérina.
Neste filme son varias as escenas nas que se visiona o ballet do Lago dos cisnes, con primeiros planos do maquillaxe que nos nosos días ten feito popular a actriz Natalie Portman. Así que as relacións entre modistos e directores de escena, no medio cinematográfico, beben dende hai décadas das revisión ortodoxas ou non, do mítico ballet ruso e do aínda máis mítico conto da ninfa acuática Ondina.
O cisne é un home
Unha das lecturas máis innovadoras do ballet, Lago dos cisnes, é a que realizou o coreógrafo e bailarín británico Matthew Bourne, no ano 1995. Neste espectáculo o argumento está tomado do clásico conto de Andersen, A sireniña, mesturado con experiencias persoais do coreógrafo e referencias ó filme de Hitchcock, Os paxaros. A música é a homónima de Tchaikovsky e a coreografía é contemporánea, sendo o motivo de maior sorpresa que os cisnes son neste ballet, homes e non mulleres. Daquela, o ballet non xira entorno ó mito de Odile-Odette, se non entorno do Príncipe. Poñendo en cuestión principal a loita do cabaleiro por ter liberdade e independencia, e mesmo é o cisne que vai á procura do príncipe e non ó contrario como acontece na versión orixinal do ballet.
Canto ó vestiario, levan tódolos bailaríns uns pantalóns de tipo culote, de gran volume que recordan ás patas dun polo. Exhiben o torso espido e levan o mítico maquillaxe que tenta reproducir os ollos escuros sobre fondo branco típico dos animais plúmbeos.
A silueta que crean para este corpo de baile de cisnes macho, evoca sen dúbida aquela colaboración que entorno a 1983, realizara Jean Paul Gaultier coa coreógrafa Régine Chopinot, no espectáculo chamado, Le défile. Neste ballet pasarela, as pernas dos bailaríns tomaban volumes enormes e redondeados, recordando dalgún xeito ós propios volumes do Ballet Triádico da Bauhaus.
Hai en fin, creadores que collen ó cisne en plena migración, e colócano nun eido nunca antes visto. Tal é caso de Marjan Pejoski, cando no ano 2001, vestira á cantante Björk, cun traxe de cisne para a alfombra vermella dos Oscars, na que a actriz asistía como estrela do filme de Lars von Trier, Dancer in the dark. Sexa con homes, mulleres, clásico ou de vangarda, non cabe dúbida de que o Lago dos cisnes, invita a facer variacións sobre un tema eterno, mito e ballet.
Román Padín Otero